Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de residuos relacionado no anexo e de referencia OU-029/03-RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente sancionador por infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Non obstante, de acordo cos arts. 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constriximento.

Ourense, 10 novembro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-029/03 RE.

Denunciado: Manuel Gómez Frol.

Último enderezo coñecido: r/ Barbantiño 10, baixo. Ourense.

Feito probado: verter restos de rótulos luminosos en Plexiglás, na marxe esquerda do río Varón.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.4º c) en relación co art. 34.3º b) da Lei 10/1998, de 21 de abril, de residuos.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: multa de 300,51 A, e a obriga de repoñer as cousas ó seu estado anterior á infracción.