Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente de responsabilidade patrimonial RP 046/2000-C.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento de respon

sabilidade patrimonial, tramitado segundo o disposto no título X da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co previsto no artigo 116.1º da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición con carácter potestativo ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que estime pertinente.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 4 de novembro de 2003.

Ana María Díaz López

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: RP 046/2000-C.

Reclamante: Benigno Sixto García.

CIF: 32510097-B.

Ultimo enderezo coñecido: rúa da Paz, 3-1º, Cedeira (A Coruña).

Causa da reclamación: danos nas colleitas de millo por irrupción de xabarís.