Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación dos montes comunais de Cañón e Outeiro, a favor dos veciños dos lugares de Cañón, Casasoá, O Outeiro e Moreira, no concello de Celanova (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o trinta de setembro de dous mil tres, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común coa denominación de comunal de Cañón e Outeiro, por solicitude dos veciños de Cañón, Casasoá, O Outeiro e Moreira, do concello de Celanova (Ourense).

Resultando que con data 30 de marzo de 2001, tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños dos lugares de Cañón, Casasoá, O Outeiro e Moreira, concello de Celanova (Ourense), solicitando que se declaren os montes comunais de Cañón e Outeiro como veciñais en man común.

Resultando que o xurado provincial, na sesión do 26 de setembro de 2001, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores

a Miguel Ángel González Trigás e Miriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Celanova, e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños dos lugares da solicitude, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Celanova, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Celanova, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade de Celanova, como segue:

Anotación preventiva de iniciación do procedemento de clasificación do predio relacionado como monte veciñal en man común no folio 64, do libro 125 de Celanova, predio número 16154.

Con data 18 de setembro de 2003, os promotores do expediente de clasificación presentan CD cos lindeiros do monte, no que aparece citado en coordenadas UTM o lugar denominado Pazos da Lagoa e que se atopa claramente delimitado por unha liña de pedras que separa o citado monte do comunal de Amoroz, do que está en trámite a clasificación.

Trasladados os instructures ó terreo, comproban o límite entre ámbolos dous montes, entrevistando os veciños dos lugares implicados que manifestan coincidencia con el.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1) Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2) Que polo tanto o número de titulares é variable e indeterminado;

3) Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4) Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5) Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio commumi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños de Cañón, Casasoá, O Outeiro e Moreira, no concello de Celanova.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños dos lugares de Cañón, Casasoá, O Outeiro e Moreira, están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños de Cañón, Casasoá, O Outeiro e Moreira, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-los montes coa denominación de comunal de Cañón e Outeiro, de 85 ha 8 a, aproximadamente en conxunto de superficie a favor dos veciños de Cañón, Casasoá, O Outeiro e Moreira, no concello de Celanova (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, coma veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Celanova (Ourense).

Denominación do monte: comunal de Cañón e Outeiro.

Comunidade propietaria: veciños de Cañón, Casasoá, O Outeiro e Moreira.

Superficie: 85 ha 8 a en conxunto, aproximadamente.

-Monte comunal de Cañón:

Superficie: 65 ha 5 a, aproximadamente.

Estremas.

Norte: comunal de Amoroz, propiedades particulares pertencentes ó polígono 93: herdeiros de

Manuel Peaguda Fernández (predio nº 369), herdeiros de Elena Varela Méndez (predio nº 373), herdeiros de Manuel González (predio nº 374) ; e outras propiedades particulares, comunal de Amoroz e comunal de Celanova; propiedades particulares do polígono 95: herdeiros de Camila González Arias (predio nº 78), herdeiros de Castor Arias Basalo (predio nº 80), herdeiros de Carmen Casal Casal (predio nº 80); e outras propiedades particulares; e comunal de Celanova.

Sur: comunal de Ansemil, propiedades particulares pertencentes ó polígono 91: herdeiros de Manuel Casal Vázquez (predio nº 13), herdeiros de Elías Martínez Valado (predio nº 15), herdeiros de Antonio González Arias (predio nº 18); e outras propiedades particulares, comunal de Ansemil; e propiedades particulares pertencentes ó polígono 106: herdeiros de Vicente Domínguez (predio nº 468), herdeiros de Benito Fernández (predio nº 469), herdeiros de Eduardo Álvarez (predio nº 470), e outras propiedades particulares; comunal de San Martiño e comunal de Ansemil.

Leste: propiedades particulares do polígono 97: herdeiros de María Casal Casal (predio nº 404), herdeiro de Antonio Casal Vázquez (predio nº 405), herdeiros de Rosa Casal Vázquez (predio nº 406), e outras propiedades particulares; comunal de San Martiño e propiedades particulares do polígono nº 106: herdeiros de Camilo López (predio nº 492), herdeiros de Antonio Ríos Martínez (predio nº 504), herdeiros de Francisco Martínez Núñez (predio nº 505), e outras propiedades particulares.

Oeste: comunal de Amoroz, propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 93: herdeiros de Ricardo Rapoleiras (predio nº 355), herdeiros de Gumersindo Pérez Feijoo (predio nº 358), herdeiros de Manuel Fernández Casas (predio nº 359) e outras propiedades particulares, comunal de Amoroz, e termo municipal de Verea.

Neste monte existe un enclavado de propiedades particulares que ocupa aproximadamente unha superficie de 4 ha 6 a, sendo propiedades pertencentes ó polígono nº 107: herdeiros de Elena Penín Álvarez (predio nº 2), herdeiros de Alfredo Reza Ulloa (predio nº 3), herdeiros de Antonio Durán (predio nº 4), e outras propiedades particulares.

-Monte Outeiro:

Superficie: 20 ha 03 a, aproximadamente.

Estremas.

Norte: propiedades particulares pertencentes ó polígono 97: herdeiros de Dolores Casal Casal (predio nº 8), herdeiros de Antonio González Arias (predio nº 9), herdeiros de Antonio Durán (predio nº 10), e outras propiedades particulares.

Sur: comunal de Ansemil.

Leste: propiedades particulares do polígono nº 105: herdeiros de Camilo Portela (predio nº 120), herdeiros de Narciso Losada González (predio nº 125), e outras propiedades particulares, e termo municipal de Verea.

Oeste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 97: herdeiros de Isac Pungín Freire (predio nº 362), herdeiros de Rosa Justo Pérez (predio nº 266), herdeiros de Carmen Losada Feijoo (predio nº 265), e outras propiedades particulares.

Neste monte existe un conxunto de propiedades particulares que ocupa aproximadamente unha superficie de 4 a, pertencentes a herdeiros de María Fernández (parcela nº 121 do polígono 105)

Segundo.-Que se proceda á exclusión dos citados montes de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíqueselles esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Celanova, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.)

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 30 de setembro de 2003.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense