Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte O Real, a favor dos veciños do lugar do Rial, no concello de Maceda (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o trinta de setembro de dous mil tres, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común coa denominación do Real, por solicitude dos veciños do Rial, do concello de Maceda (Ourense).

Resultando que con data do 10 de xaneiro de 2001, tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense escrito dirixido ó Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do Rial, concello de Maceda (Ourense), solicitando que se declare o monte O Real como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, na sesión do 26 de setembro de 2001, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores

a José Ramón Goyanes Flores e Miriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Allariz e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do Rial, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Maceda, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Maceda, durante o prazo dun mes, segundo consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello para que, durante o prazo sinalado en edictos, os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade de Allariz, como segue:

Practicada anotación a favor da comunidade de veciños do Rial, no folio 128, do libro 60, de Maceda, tomo 361 do arquivo, letra A, predio 10125.

Resultando que na tramitación do expediente se cumprìron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1) Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2) Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado;

3) Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4) Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5) Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio commumi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do Rial, no concello de Maceda.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños do Rial están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños do Rial e para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte coa denominación do Real, de 16,16 ha, aproximadamente en conxunto de superficie, a favor dos veciños do lugar do Rial, no concello de Maceda (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Maceda (Ourense).

Denominación do monte: O Real.

Comunidade propietaria: O Rial.

Superficie: 16,16 ha, aproximadamente.

Estremas.

Norte: lugar coñecido como Lameira, estrada de Ramil a Maceda e Francisco Agustín Prieto Vila.

Sur: lugar coñecido como Pino: Santiago Ferreiro Pérez e Samuel Peña Cid.

Leste: lugar coñecido como As Abellas: Manuel Grande González, Francisco Agustín Prieto Vila e Elena Casal Estévez.

Oeste: lugar coñecido como Alto: José Graña Ferreiro, Carmen Formoso Formoso e Manuel Casado Diéguez.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poida figurar inscrito a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíqueselles esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Maceda, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes

e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 30 de setembro de 2003.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense