Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: servicios para o deseño, montaxe e organización do stand institucional da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia no Certame feiral que se vai celebrar no ano 2004 en Fish Internacional (Bremen, Alemaña, 12 ó 15 de febreiro).

División por lotes e número:

Prazo de execución: na súa totalidade estenderase desde o día seguinte ó da sinatura do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento cincuenta e dous mil cento dezaoito euros e cincuenta e tres céntimos (152.118,53 A).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de contratación.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca (rúa de Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono: 981 546293), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida para presentar proposición:

Grupo III, subgrupo 3 ou 8, categoría D, ou se os certificados son anteriores á entrada en vigor do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas 1098/2001, do 12 de outubro, grupo L, subgrupos 5 ou grupo U, subgrupo 7, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no Rexistro Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ás 10.00 horas do día 15 de xaneiro de 2004.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2003.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca