Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 19 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-101/2003 do 23 de outubro, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 1 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a incoación do expediente sancionador nº OU-S-101/2003, da Delegación Provincial de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Advírteselle ó titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: OU-S-101/2003.

Titular sancionado: Agustín Fernández Domínguez.

Establecemento: Casa D'Asperelo.

Domicilio: Asperelo.

Localidade: Entrimo.

Resolución: 23 de outubro de 2003.

Precepto infrinxido: artigo 86.8º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do Turismo en Galicia.

Sanción: cento cincuenta euros (150 A), sen prexuízo do que resulte na fase instructora.

Ourense, 19 de novembro de 2003.

José Luis Pérez Pérez

Delegado provincial de Ourense