Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 19 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-S-102/2003 do 23 de outubro, por infraccións graves en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 1 de xaneiro), notifícaselle á persoa

que a continuación se relaciona, a incoación do expediente sancionador nº OU-S-101/2003, da Delegación Provincial de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Advírteselle ó titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: OU-S-102/2003.

Titular sancionado: Agustín Fernández Domínguez.

Establecemento: Casa D'Asperelo.

Domicilio: Asperelo.

Localidade: Entrimo.

Resolución: 23 de outubro de 2003.

Precepto infrinxido: artigos 87.3º e 87.4º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do Turismo en Galicia.

Sanción: mil douscentos euros (1.200 A) para cada unha das infraccións indicadas, sen prexuízo do que resulte na fase instructora.

Ourense, 19 de novembro de 2003.

José Luis Pérez Pérez

Delegado provincial de Ourense