Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 2003/314 e catro máis.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolle que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación

no Diario Oficial de Galicia, pode interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

-Expte. nº: 2003/314.

Acta nº: 582/2003.

Titular: Felisa Begoña Fontenla Millares.

NIF/DNI: 32755802-F.

Enderezo: Bañobre 93 (Miño).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 24-9-2003.

Resolución: sanción por importe de 2.104 A.

Feitos: visitada en data 3 de marzo a obra de construcción dunha residencia de anciáns e sita en Matrogrande (A Coruña), entregouse citación para a comparecencia da empresa na Inspección Provincial de Traballo. Durante a súa comparecencia (o día 12 de marzo de 2003) constatouse que carecía de todo servicio de prevención propio ou alleo e que non tiña designado ningún traballador para ocuparse da actividade preventiva da empresa.

En data 18 de marzo de 2003 remítese pola empresa o concerto cun servicio de prevención alleo, pero se constatou que a súa data de formalización é do 13 de marzo de 2003, polo que se comproba que ata a data da actuación inspectora non existía organización da actividade preventiva da empresa.

Vulnéranse os art. 5 do Real decreto lexislativo 5/2000; arts. 4 a), d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; arts. 14 e 30.1º e 2º da Lei 31/1995, de 8 de novembro, en relación cos arts. 10, 12 e 16 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos arts. 12.15º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, valorándose, para gradua-la sanción a perigosidade das actividades desenvolvidas pola empresa.

-Expte. nº: 2003/369.

Acta nº: 714/2003.

Titular: Pedramar Vigués de Cantería, S.L.

NIF/DNI: B-36899151.

Enderezo: Julián Estévez 24 (Vigo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 25-9-2003.

Resolución: sanción por importe de 3.006 A.

Feitos: tendo coñecemento por medio da Inspección de Traballo de Pontevedra dun accidente laboral

ocorrido na provincia da Coruña, do que se deu parte en Pontevedra, e feitas as indagacións pertinentes, visitouse a obra de construcción e citouse a empresa para presenta-la documentación requirida, manifestando que carecen dela.

Das actuacións practicadas, e da documentación presentada pola empresa conclúese que non tiña elaborada a preceptiva avaliación de riscos e tampouco o plan de seguridade da obra antes do inicio dela.

Vulnéranse os arts. 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación cos arts. 2, 3 e 4 do Real decreto 39/1997, de 17 de xaneiro; e o art. 7 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: dúas faltas graves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de acordo cos arts. 12.1º e 12.6º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

-Expte. nº: 2003/520.

Acta nº: 641/2003.

Titular: Reformas y Construcciones Bértoa, S.L.

NIF/DNI: B-15806904.

Enderezo: Urb. Sol y Mar, bloque 11-ptal. 1-2º D, Oseiro (Arteixo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 27-10-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.503 A.

Feitos: visitada en data 26 de febreiro de 2003 a obra de construcción sita en avda. das Mariñas, 139 no Carballo (Oleiros), constatouse que a empresa de referencia, cun cadro de persoal de 8 traballadores e dedicada á construcción, non tiña designado un ou varios traballadores para ocuparse das actividades de protección e prevención na empresa, ou non organizar ou concertar un servicio de prevención alleo.

Vulnéranse os arts. 10, 12, 16 e 20 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro; en relación co capítulo IV da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos arts. 12.15º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

-Expte. nº: 2003/547.

Acta nº: 642/2003 (I) (II).

Titular: Reformas y Construcciones Bértoa, S.L. (I)

NIF/DNI: B-15806904.

Enderezo: Urb. Sol y Mar, bloque 11-ptal. 1-2º D, Oseiro (Arteixo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 27-10-2003.

Resolución: sanción por importe de 3.006 A.

Feitos: en data 26-2-2003 visitouse a obra de construcción sita en avda. das Mariñas, nº 139, O Carballo (Oleiros), constatándose dúas infraccións:

1. Ausencia de proteccións colectivas no forxado, existindo risco de caída de altura; e na protección

dos ocos das escaleiras as varandas carecían de listóns intermedios e rodapés, existindo tamén risco de caída de altura, uns 6 metros aproximadamente.

Vulnéranse os arts. 3 a), b) parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997, en relación co art. 187 da O.M. do 28-8-1970.

2. O encargado da obra procedía ó manexo dun guindastre-torre, carecendo de titulación de operador e sen que no centro de traballo houbese un operario de guindastre coa referida titulación. As cargas pasaban por enriba dos traballadores que prestaban servicios na obra.

Vulnéranse os arts. 12 da Orde do 17-8-1992 da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, substituído polo art. 39 do Decreto 204/1994, do 16 de xuño, da mesma consellería, tendo en conta o disposto no art. 6 b) parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997.

Tipificación: dúas faltas graves en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos arts. 12.16º f), 12.16º b); e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

-Exp. nº: 2003/555.

Acta nº: 631/2003 (I) (II).

Titular: Construcciones Coenge, S.L. (I).

NIF/DNI: B-36420693.

Enderezo: avda. Reina Victoria Eugenia, nº 225, bloque 4 (Pontevedra).

Materia: seguridade e hixiene.

Data res.: 27-10-2003.

Resolución: sanción por importe de 2.500 A.

Feitos: visitada a obra de construcción sita en Cordeda 2ª fase -M 8, M 9 e M 10- en Culleredo, constatouse que un dos traballadores colocaba un cordel para posterior traballo de cerramento, sen que existira sistema ningún de protección colectiva e sen que o traballador utilizara cinto de seguridade como medida de seguridade alternativa, existindo risco grave de caída de altura desde uns 15 metros aproximadamente.

Vulnéranse os arts. 3 b) parte C, anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de novembro; en relación co art. 9 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio; e en relación co art. 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos arts. 12.16º f) e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, tendo en conta para efectos de gradación o carácter permanente dos riscos inherentes á actividade da construcción.

A Coruña, 6 de novembro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña