Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador SAN-PO-96/2003-EB.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción ó Regulamento de epizootías, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a Mario Orjales Pita e secretario a José María García Torrado.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administraciónes públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Concedéndolle ó interesado un prazo de quince días, para que poida examina-lo expediente así como formula-las alegacións que estime axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 7 de novembro de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: SAN-PO-96/2003-EB.

Denunciado: Cárnicas Rodrial, S.L.

Último enderezo coñecido: O Viso-A Ramallosa-Nigrán (Pontevedra).

Feito denunciado: falta de identificación de animais bovinos.

Data do acordo de incoación: 18-7-2003.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 2, punto 3, letra a), da Lei 26/2001, do 26 de decembro.

Precepto sancionador: artigo 3, punto 1, letra a) da Lei 26/2001.

Sanción: 3.601 euros.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO