Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 16 de decembro de 2003 Páx. 15.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 17 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica o expediente sancionador OR.AE 25/2003.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense faille saber a comunidade de propietarios do edificio nº 7 da rúa Celso Emilio Ferreiro de Ourense, que o 19 de setembro de 2003 se iniciou o expediente sancionador OR.AE 25/2003 por deficiencias observadas no aparello elevador RAE nº 3.503.

A infracción pode sancionarse con multa de ata 3.005,06 euros e dispoñen dun prazo de quince días para presenta-las alegacións e documentos que se xulguen oportunos.

Este edicto produce os efectos de notificación previstos no artigo 54.4º da LRX-PAC, do 26-11-1992, tras terse intentado infructuosamente dúas veces a notificación persoal.

Ourense, 17 de novembro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL