Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.368

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (788/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico: que neste xulgado se seguen autos número 788/2002 por instancia de Anahi Benito Domec contra Crochee Coruña, S.L. e Fogasa sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 18-6-2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Dictamino: que estimando a demanda promovida por Anahi Benito Domec contra a empresa Crochee Coruña, S.L. e Fondo de Garantía Salarial debo condenar e condeno á demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.271,09 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda, absolvendo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade que no seu día puidera derivarlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito e é indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social o xus

tificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado aberta no grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.) co número 5605 0000 60 0788 02, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 0788 02 entregándose o xustificante en secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Crochee Coruña, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña, vintecatro de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado