Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.369

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (179/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 179/2001, por instancia de Mutua Gallega contra a Tesourería Xeral da Seguridade Social, Ibermutuamur, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a empresa Benito Dans, S.A., Antonia Rosa Veija de Évora (en representación dos seus fillos menores Natalia González Vega e Adolfo González Vega), Remedios Aguilera Martín, Patricia González Aguilera e Jessica González Aguilera, sobre outros extremos, nos que recaeu sentencia con data do 20-10-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que desestimando a demanda deducida por Mutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a empresa Benito Dans, S.A., Ibermutuamur, Antonia Rosa Veija de Évora (en representación dos seus fillos menores Natalia González Vega e Adolfo González Vega), Remedios Aguilera Martín, Patricia González Aguilera e Jessica González Aguilera, debo absolver e absolvo á parte demandada de tódolos pedimentos desta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, dentro dos cinco días seguintes ó da notificación da sentencia, ante este xulgado, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e seguintes do texto articulado da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 521/1990, do 27 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notifcación en forma á empresa Benito Dans, S.A., a Antonia Rosa Veija de Évora (na representación dos seus fillos menores Natalia González Vega e Adolfo González Vega), expido e asino esta cédula na Coruña, 11 de novembro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA