Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.368

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (476/2001).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela dá fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 476/2001 dictouse esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Procedemento: xuízo de faltas 476/2001.

En Santiago de Compostela, vintetrés de maio de dous mil dous.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza, de Instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa xuízo de faltas 476/2001, seguida por unha falta de danos, no que foron partes ademais do Ministerio Fiscal, Heriberto Andrade Castiñeira denunciante

e como denunciado Joaquín Ferreira de Sousa, pronunciaron a seguinte sentencia.

Dictamino que debo condenar e condeno a Joaquín Ferreira de Sousa como autor dunha falta de danos do artigo 625.1º do Código Penal á multa de 15 días e cota diaria de 6 euros/día con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas impagadas, e que indemnice en concepto de responsabilidade civil a Heriberto Andrade Castiñeira coa cantidade de 256,22 euros (42.631 ptas.) polos danos da máquina.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos deste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección 6ª- con sede en Santiago de Compostela no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Joaquín Ferreira de Sousa, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o seis de novembro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado