Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.368

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (189/2003-C).

Nos autos de xuízo verbal número 189/2003, seguidos neste xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra, por instancia da comunidade de propietarios da Travesía de Vigo, contra Antonio Juan Gabarres Jiménez e o Consorcio de Compensación de Seguros, dictouse, en data 1 de outubro de 2003, sentencia que ten como decisión o teor literal seguinte:

«Decido que condeno a Antonio Juan Gabarres Jiménez e ó Consorcio de Compensación de Seguros ó pagamento solidario de 1.890,73 euros. O consorcio deberá aboar sobre esa cantidade os xuros legais incrementados nun 50% desde a data do 19 de abril de 2002. As custas deben ser aboadas polos demandados. Esta resolución debe ser notificada ás partes, indicando que contra ela cabe interpor ante este xulgado un recurso de apelación, no prazo de cinco días trala notificación, que será resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra. O orixinal desta resolución será levado ó libro de sentencias.Así acordo, pronuncio e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Antonio Juan Gabarres Jiménez, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 1 de octubre de 2003.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA