Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 15 de decembro de 2003 Páx. 15.367

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (302/2003).

En Padrón, a vinteoito de outubro de dous mil tres.

No procedemento referenciado dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentencia 141/2003.

«En Padrón, vintenove de outubro de dous mil tres.

Vistos por Elena Pérez Pérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, estes autos de xuízo verbal de divorcio, seguidos neste xulgado co nº 304/2003, por instancia de Laura Francisco Resua, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Gorís Mayán, e asistida polo letrado Sr. Fernández Álvarez, contra Luis Campos Campos.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Vistos os artigos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, decido que estimando a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Gorís Mayán, debo decretar e decreto a disolución do matrimonio formado polas partes, Laura Francisco Resua e Luis Campos Campos, por concorrer causa de divorcio, con tódolos efectos legais inherentes a esta declaración, todo isto sen realizar expresa condena nas custas causadas nesta instancia.

En canto sexa firme esta sentencia, expedirase testemuño ó encargado do Rexistro Civil no que conste inscrito o matrimonio dos litigantes, para efectos de practica-la oportuna inscrición.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Lévese o orixinal ó libro de sentencias.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para o incorporar ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación de sentencia ó demandado rebelde Luis Campos Campos, estendo esta cédula, en Padrón, o vintenove de outubro de dous mil tres.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE

DE PONTEVEDRA