Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a declaración de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación Baio, número 6950, no concello de Vimianzo (provincia da Coruña) e promovido por Baio de Granitos, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 1 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG do 25 de setembro), e o establecido no Decreto 327/1991, do 4 de outubro (DOG do 15 de octubro), faise pública a Resolución do 11 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de efectos ambientais, e os seus anexos, do proxecto de concesión de explotación mineira, derivada do permiso de investigación denominado Baio nº 6950, para granito ornamental, ocupando unha superficie dunhas 8.22 ha no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Baio de Granitos, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

A Coruña, 6 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Declaración de efectos ambientais formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 11 de xullo de 2003 relativa ó proxecto de concesión de explotación Baio 6950, no concello de Vimianzo (A Coruña), promovida por Baio de Granitos, S.A. (clave 2002/1087).

Antecedentes.

O artigo 1 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, establece a obrigatoriedade de someter á avaliación de impacto ambiental os proxectos consistentes na realización de obras, instalacións ou actividades comprendidas no seu anexo I.

Dado que a actividade obxecto do proxecto non se atopa comprendida entre as que figuran no antedito anexo, e xa que por outra banda, o artigo 1 do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, impón a necesidade de someter á avaliación de efectos ambientais os proxectos de execución de obras, instalacións ou calquera outra actividade establecida nas diferentes lexislacións sectoriais que precisen ou prevexan a necesidade de realizar un estudio ambiental, entre as que se atopa o Real decreto 2994/1982, do 15 de outubro, sobre restauración do espacio natural afectado por actividades mineiras, o proxecto de referencia cualificouse como sometido ó procedemento de avaliación de efectos ambientais.

O proxecto consiste nunha explotación a ceo aberto de granito ornamental que se levará a cabo a media

encosta, mediante banqueo, desenvolvéndose espacialmente mediante afondamento vertical e desenvolvemento horizontal da praza inferior. A explotación divídese en dúas zonas de extracción, a explotación nº 1 onde se extraerá granito gris escuro e a explotación nº 2 de granito beixe claro.

Segundo os documentos Anexo. Contestación á notificación da cualificación da concesión de explotación derivada do P.I. Baio, nº 6.950. Marzo 2003 e Anexo IV: Documentación complementaria ó estudio ambiental da concesión de explotación Baio 6950 1º fracción, a superficie a ocupar e dunhas 8,22 ha, das que 4,34 corresponden ás dúas zonas de explotación propiamente dita. Tense previsto extraer entre as dúas zonas, 305.241 m de todo-un, durante 20 anos. As perdas pervistas están arredor do 60%, e o ritmo de producción será de 4.900 m vendibles/ano para a explotación nº 1 e de 1.400 m vendibles/ano para a explotación nº 2. O estéril producido en ámbalas zonas almacenarase nunha entulleira.

Os núcleos de poboación máis próximos á explotación son Vista Alegra, O Ceán, Tras do Ceán e Baio Grande, todos a menos de 1 km desta.

A vexetación na zona a ocupar e no seu contorno, está constituída maioritariamente por matogueiras degradadas con abundantes fentos e silveiras que se repoboaron con eucaliptos e piñeiros ou ben se transformaron en campos de cultivo, aínda que aparecen pequenas zonas de matogueiras densas. As zonas onde se conserva mellor a vexetación orixinal son as beiras dos ríos Grande e Vilar (ou Torrente), próximos á explotación.

Examinado o proxecto, en data 19 de decembro de 2001, remítese oficio á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, solicitándolle á empresa promotora documentación complementaria, presentándose axeitadamente na Consellería de Medio Ambiente en data 1 de abril de 2002.

En cumprimento do establecido no artigo 2 punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, con data do 24 de abril de 2002 (DOG nº 79), publícase a Resolución do 8 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do paso a concesión de explotación Baio 6950, da provincia da Coruña, promovida por Baio de Granitos, S.A., non tendo constancia da presentación de alegacións durante o dito período.

En data 21 de outubro de 2002 ten entrada na Consellería de Medio Ambiente, remitido pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, o expediente ambiental, no que se inclúen os informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e de Augas de Galicia.

Revisado o expediente ambiental detectouse que o trámite de información pública se realizó no Concello de Zas en lugar de realizalo no Concello de

Vimianzo, concello onde se localiza a superficie a alterar. Á vista do antedito realizouse un novo trámite de exposición pública no Concello de Vimianzo. Os resultados deste trámite, tiveron entrada, remitidos pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, en data 20 de xuño de 2003, indicando que non se presentaron alegacións durante o dito período.

Á vista do informe de Augas de Galicia, en data 5 de abril de 2002 diríxese oficio á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas co fin de que o promotor complete a información presentada. Esta documentación recíbese o 10 de decembro de 2002, remitíndose a Augas de Galicia o 16 de decembro de 2002. O informe sobre esta documentación recíbese o 15 de xaneiro de 2003.

O 17 de febreiro de 2003 ten entrada na Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, o informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Á vista del requiriuse información complementaria á empresa promotora en data 27 de febreiro de 2003. O informe sobre esta documentación recíbese en data 19 de marzo de 2003, nembargantes, segundo o indicado neste informe, cómpre solicitar á empresa promotora nova documentación adicional, sometida a informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en data 26 de xuño de 2003.

Cumprida a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, modificado polo Decreto 333/2002, do 22 de novembro, formula a declaración de efectos ambientais (DEA) da concesión de explotación Baio 6950, sita no concello de Vimianzo (A Coruña), promovida por Baio de Granitos, S.A.

O órgano substantivo para este proxecto é a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e o órgano ambiental é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No anexo I resúmese o contido do proxecto e das medidas protectoras e correctoras propostas na documentación presentada.

No anexo II resúmese o contido dos informes dos organismos consultados, téndose en conta, no que procede, o resultado destes no condicionado da presente DEA.

No anexo III indícase o método de actualización do aval.

Declaración de efectos ambientais.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Proyecto: Concesión Baio 6950. Maio 2001.

-Anexo. Contestación á notificación da cualificación da concesión de explotación derivada do P.I. Baio, nº 6950. Marzo 2002.

-Anexo ó proyecto de explotación de granito ornamental Baio nº 6950 1ª fracción da provincia da Coruña. Decembro 2002.

-Asunto: Documentación solicitada por MAN (Medio Ambiente Natural). Febreiro 2003.

-Anexo IV: Documentación complemetaria do estudio ambiental da concesión de explotación Baio 6950 1ª fracción. Maio 2003.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DEA, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

En calquera caso, a prelación da documentación é a seguinte: Declaración de efectos ambientais, Anexo IV: Documentación complemetaria ó estudio ambiental da concesión de explotación Baio 6950 1ª fracción. Maio 2003, asunto: Documentación solicitada por MAN (Medio Ambiente Natural). Febreiro 2003, Anexo ó proxecto de explotación de granito ornamental Baio nº 6950 1ª fracción da provincia da Coruña. Decembro 2002, Anexo. Contestación á notificación da cualificación da concesión de explotación derivada do P.I. Baio, nº 6950. Marzo 2002 e Proxecto: Concesión Baio 6950. Maio 2001, por esta orde.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración refírese en exclusiva ós labores de explotación e instalacións anexas que se levarán a cabo nunha superficie de 8,22 ha, abranguida polo perímetro definido polas seguintes coordenadas UTM:

VérticeXY

1503.2234.776.820

2503.3694.776.750

3503.3824.776.674

4503.5404.776.540

5503.5064.776.494

6503.6584.776.418

7503.5084.776.098

8503.3404.776.144

9503.3404.776.364

10503.3204.776.500

11503.1564.776.500

12503.1844.776.560

13503.1154.776.600

Tal como se reflicten no plano nº 4 Perímetro de protección e distribuíndose as distintas zonas e instalacións anexas segundo o reflectido no antedito plano e no nº 3 Drenaxe e tratamento de augas, incluídos no documento Anexo IV: Documentación complementaria do estudio ambiental da concesión de explotación Baio 6950 1ª fracción. Mayo 2003, pero tendo en conta o indicado no punto 3.2 desta DEA.

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po e gases.

2.1.1. Os niveis de po e gases non superarán os límites para partículas sedimentables establecidos

polo Real decreto 1073/2002, do 18 de octubre, sobre avaliación e xestión da calidade do aire ambiente en relación co dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno, óxidos de nitrógeno, partículas, chumbo, benceno e monóxido de carbono.

2.1.2. Adoptaranse as medidas correctoras descritas na documentación presentada, así como o correcto mantemento de maquinaria e equipamentos, e aplicaranse as medidas necesarias para minimiza-las previsibles emisións durante as voaduras.

2.1.3. Os motores de combustión da maquinaria cumprirán cos niveis de emisión establecidos legalmente, debendo dispor da documentación que así o acredite.

2.2. Sobre o ruído.

2.2.1. Adoptaranse as medidas descritas no proxecto para que os niveis de ruído producido pola maquinaria e polas voaduras, medidos nas vivendas máis próximas á explotación, cumpran co disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto) e, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

3. Protección das augas.

3.1. Para calquera afección no dominio público hidráulico (DPH), zona de servidume e zona de policía do río Vilar (ou Torrente), será preceptiva a autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia.

3.2. Impedirase a entrada das augas de escoamento superficial no interior das zonas de explotación e entulleira, mediante a construcción de canles de interceptación. Contrariamente ó indicado no plano nº 3 Drenaxe e tratamento de augas, incluído no documento Anexo IV: Documentación complemetaria ó estudio ambiental da concesión de explotación Baio 6950 1ª fracción. Maio 2003 estas augas exteriores soamente poderán conducirse ó sistema de tratamento indicado no punto 3.3 desta DEA nos casos en que algunha destas canles verta dentro da zona de explotación.

3.3. As augas pluviais que incidan directamente sobre as zonas de explotación e entulleira conduciranse ata as balsas de decantación proxectadas, de xeito que se garanta unha axeitada calidade da vertedura. Estas localizaranse no lugar reflectido no plano nº 3 Drenaxe e tratamento de augas, incluído no documento Anexo IV: Documentación complemetaria do estudio ambiental da concesión de explotación Baio 6950 1ª fracción. Maio 2003, así mesmo, serán convenientemente impermeabilizadas para evitar infiltracións ó terreo e novas chegadas de terra e posibles arrastres ó río.

3.4. Para evita-la erosión na incorporación das augas á rede natural de drenaxe, colocaranse sistemas de disipación de enerxía (encachados de pedra, pequenos diques, etcétera) nos puntos de vertedura ó medio das cunetas de interceptación do escoamento externo e das balsas de decantación. Así mesmo, nestes puntos débense evita-los fenómenos de asolagamento ou deposición.

3.5. A recolla dos lodos das balsas de decantación debe ser periódica, presentando unha cadencia que manteña a funcionalidade do sistema de decantación en condicións óptimas.

3.6. En ningún caso se invadirá o leito do río coa maquinaria utilizada na explotación da canteira.

3.7. No que respecta ós novos accesos, no caso de que se sitúen na encosta e corten transversalmente o paso da auga (efecto presa), co fin de evitar que se reduza a chegada de auga de escoamento á parte baixa da encosta, deseñaranse un número suficiente de drenaxes transversais. En todo caso, estas vías contarán coas súas correspondentes cunetas.

3.8. Previamente ó inicio dos labores, o promotor deberá contar coas preceptivas autorizacións de captación, vertedura das balsas de decantación e vertedura das augas residuais procedentes da fosa séptica, de acordo co requirido no punto 11.1.4 da presente DEA.

4. Protección do solo.

4.1. Retirarase e amorearase a camada de terra vexetal procedente de tódalas superficies a ocupar a medida que se vai iniciando a actividade en cada unha delas.

4.2. As moreas de terra vexetal disporanse, como máximo, con alturas de 2 m. Así mesmo, estas moreas deberán facerse de forma que se impida a súa deterioración por compactación (polo paso de maquinaria) e de xeito que non se produza un movemento en masa ou deslizamento do material almacenado, para o que adoptarán as medidas técnicas adecuadas (colocación de barreiras físicas na cara inferior do amoreamento, etcétera).

4.3. Co fin de conserva-las propiedades da terra vexetal, tal como se indica na documentación presentada, realizaranse sementeiras de herbáceas. Así mesmo, efectuaranse regas nos períodos de seca, remoción cada seis meses como mínimo e chegada de fertilizante mineral.

4.4. No caso de que se realicen tarefas de mantemento e reparación da maquinaria, deberán dispoñerse na zona os medios necesarios para evita-la contaminación accidental do solo, facilitando a súa recolla e xestión.

5. Sobre os residuos.

5.1. Tódolos residuos xerados se xestionarán conforme a lexislación vixente de aplicación, en función da súa natureza, primando a súa reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

5.2. O almacenamento temporal de residuos, á espera da súa entrega a xestor autorizado, dotarase dos medios necesarios para garanti-la non afeccion ó contorno e o cumprimento da lexislación de aplicación en función do tipo de residuo.

6. Protección da fauna.

6.1. Nos extremos superiores das frontes de explotación, durante a fase de explotación, instalarase un cerramento de protección de malla metálica de tipo

cinexético que impida a caída de persoas e animais, para o que debe ir lixeiramente soterrado e a luz de malla na parte xunto ó solo, será suficientemente pequena para impedi-lo paso de fauna de pequeno tamaño. Unha vez que rematen os labores de restauración, este cerramento será retirado. Esta medida adoptarase, como mínimo, naquelas zonas potencialmente perigosas.

7. Protección da vexetación.

7.1. Respectarase sistematicamente a vexetación existente compatible cos labores de explotación.

7.2. Para a realización de cortas das especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, tendo que face-la correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.

7.3. Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira do río Vilar (ou Torrente) observarase o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002 (e posteriores correccións de erros), da Consellería de Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

7.4. Os restos vexetais que se produzan deberán ser xestionados axeitadamente, prevalecendo sempre a súa valorización. No caso de depositalos no terreo, deberán ser triturados e espallados homoxeneamente, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

8. Protección paisaxística.

8.1. No caso de que se perda a barreira visual arborada que oculta a explotación (segundo o indicado no plano nº 1003 Explotación xeral, presentado no Anexo: Contestación da cualificación da concesión de explotación derivada do P.I. Baio, nº 6950. Marzo 2003) deberá garantirse que a súa función se siga exercendo por outros medios.

9. Protección do patrimonio.

9.1. Evita-la realización de calquera obra (camiños, entulleira, amoreamentos de material, etcétera) na zona de impacto directo dos elementos etnográficos Molinos de Canario de Bamiro e Conxunto muíños de Zamarreda. Regúlase o paso de maquinaria e camións pola pontella do Conxunto muíños de Zamarreda.

9.2. Localizaranse na cartografía dos labores de explotación os elementos etnográficos Muíños de Canario de Bamiro e Conxunto muíños de Zamarreda.

10. Restauración e revexetación.

10.1. Procederase a restaurar tódalas superficies modificadas ou creadas. Na restauración empregaranse os materiais previstos no proxecto. No caso de utilizar materiais de distinta orixe dos previstos, tales como estériles doutras explotacións, deberase acredita-la a súa procedencia e adecuación previamente ó seu emprego nos labores de restauración.

10.2. Na medida do posible, iranse restaurando as distintas superficies alteradas segundo avanza a explotación. Remodelaranse os noiros finais das frontes de

xeito que se integren co seu contorno; isto, sempre que sexa viable tecnicamente, realizarase con parte do estéril depositado na entulleira.

10.3. Como cubrimento de tódalas superficies alteradas, estenderase a terra vexetal de acordo co indicado no proxecto.

10.4. Sobre toda a superficie alterada procederase á sementeira e/ou hidrosementeira coa mistura de herbáceas (gramíneas e leguminosas) e arbustivas indicada no proxecto. Nembargantes, na que respecta ás zonas onde soamente se leve a cabo sementeira, aumentarase a dose de sementeira, como mínimo a 250 kg/ha.

10.5. Realizarase a plantación de Pinus pinaster, Salix atrocinerea, Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior, nas zonas indicadas no proxecto e coa densidade indicada no Anexo: Contestación á notificación da cualificación da concesión de explotación derivada do P.I. Baio, nº 6950. Marzo 2002.

10.6. Procederase á rega regular, á fertilización mineral de reforzo anual e á resementeira das superficies nas que aparezan calvas ata que se asegure a viabilidade da revexetación. De aparecer marras, éstas deberán ser repostas.

10.7. Tódalas árbores e sementes que se empregan reunirán as condicións suficientes de pureza, potencia xerminativa e ausencia de pragas e enfermidades que garantan o éxito da revexetación.

10.8. Ó final da fase de explotación, procederase ó desmantelamanto das instalacións auxiliares, sistema de desaugamento e drenaxe e sistema de decantación.

10.9. Procederase ó cerramento e restauración dos accesos interiores da explotación xunto coas súas correspondentes cunetas, a medida que queden en desuso.

11. Documentación adicional.

11.1. Previamente ó inicio da actividade mineira, o promotor presentará ante o órgano substantivo catro (4) exemplares da seguinte documentación:

11.1.1. Resultado das medicións de ruído co fin de establece-la situación preoperacional nas vivendas máis proximas ás distintas zonas de explotación (tendo en conta que as medicións no perímetro da explotación xa se presentaron no documento Anexo. Contestación á notificación da cualificación da concesión de explotación derivada do P.I. Baio, nº 6950. Marzo 2003). Así mesmo, indicarase o plan de seguimento dos ruídos coa explotación en pleno funcionamento.

Estas medicións serán realizadas por unha entidade homologada por esta dirección xeral.

11.1.2. Indica-lo responsable ambiental designado pola empresa, tal como se require no punto 13.5 da presente DIA.

11.1.3. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos, segundo o Decreto 298/2000, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.1.4. Copias das autorizacións de captación e verteduras emitidas por Augas de Galicia.

O órgano substantivo remitirá a esta dirección xeral dous (2) exemplares desta documentación, para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven. A empresa promotora non poderá proceder ó desenvolvemento do proxecto mentres non conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a documentación requirida no punto 11.1 desta DEA.

11.2. Antes de afecta-la zona de policía do río Vilar (ou Torrente) e/ou o dominio público hidráulico (DPH) e zona de servidume, presentaranse catro (4) exemplares da seguinte documentación:

11.2.1. Copia/s da/s autorización/s emitida/s por Augas de Galicia para a ocupación desta/s zona/s.

11.2.2. Copia da autorización para o aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira do río Vilar (ou Torrente) atendendo ó punto 7.3 da presente DEA.

O órgano substantivo remitirá a esta dirección xeral dous (2) exemplares desta documentación, para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven. A empresa promotora non poderá proceder á ocupación das ditas zonas mentres non conte co informe favorable da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a documentación requirida no punto 11.2 desta DEA.

12. Programa de vixilancia ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras contempladas no estudio ambiental e do condicionado desta declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Este programa permitirá detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DEA, permitindo determinar e cuantificar efectos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

A documentación de control solicitada deberá vir asinada polo/s responsable/s indicando a/s súa/s acreditación/s.

Tendo en conta o anterior, o promotor presentará diante do órgano substantivo, no mes de xaneiro de cada ano, catro (4) exemplares da seguinte documentación:

12.1. Informe sobre a situación da restauración, no que se inclúa, como mínimo, a seguinte documentación:

12.1.1. Planos en planta, dotados de coordenadas UTM e a escala 1:3.000 ou maior detalle, nos que se diferencien e cuantifiquen as seguintes partidas:

-Superficie alterada acumulada (ha).

-Superficie restaurada acumulada (ha).

-Superficie sen restaurar (ha).

-Previsión de superficies a alterar e a restaurar no seguinte ano (ha).

12.1.2. Accións levadas a cabo e previstas:

-Sobre a terra vexetal (volume retirado, amoreado e estendido, así como os labores de mantemento efectuados).

-Sobre o sistema de drenaxe e decantación (periodicidade de retirada de lodos e volume retirado).

-Sobre a revexetación (labores preparatorios, labores de plantación, sementeira, especies empregadas, regas, fertilización, porcentaxe de marras e/ou de calvas observadas, etcétera).

12.1.3. Imprevistos acontecidos e medidas correctoras adoptadas.

12.2. Memoria anual do programa de vixilancia ambiental, que reflicta a descrición e o cumprimento de tódalas medidas ambientais contempladas na documentación presentada, así como as impostas na presente DEA. Neste senso, a memoria debe incluír:

12.2.1. Resultado da análise físico-química trimestral das augas provenientes da explotación unha vez decantadas e antes da súa vertedura, no que se inclúan como mínimo os seguintes parámetros: pH, sólidos en suspensión totais, materiais sedimentables, sólidos grosos, aceites e graxas. Como límites de referencia utilizaranse os establecidos na autorización emitida por Augas de Galicia.

12.2.2. Resultado da análise físico-química trimestral das augas do río Vilar (ou Torrente), tomando mostras en dous puntos, un augas arriba da explotación e outro augas abaixo, no que se inclúan como mínimo os parámetros indicados no punto anterior.

As tomas de mostras e análises serán realizadas por un laboratorio homologado ou acreditado.

12.2.3. Resutados das medicións do nivel de ruído, indicando o equipamento de obras durante as medicións. No referente á realización destas medicións acústicas, observarase o disposto por esta dirección xeral unha vez avaliada a documentación solicitada no punto 11.1.1 desta DEA.

As medicións acústicas serán realizadas por unha entidade homologada por esta dirección xeral, e os resultados deberán vir acompañados das conclusións obtidas á vista deles e, se é o caso, das medidas correctoras pertinentes.

12.2.4. Reportaxe fotográfica na que se reflicta:

a) O estado da explotación e dos labores de restauración levados a cabo.

b) O río Vilar (ou Torrente) ó seu paso pola zona próxima á explotación

c) Os elementos etnográficos indicados no punto 9 da DEA.

Indicarase a data e hora de toma das fotografías e sinalarase nun plano o lugar de toma destas.

O órgano substantivo remitirá dous (2) exemplares desta documentación a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para efectos de seguimento da presente DEA, o órgano substantivo comunicará ó órgano ambiental a data de notificación da DEA ó promotor.

13.2. De acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, a contía do aval, que deberá ser fixada polo órgano substantivo por proposta do órgano ambiental, deberá ser suficiente para responder dos danos que se lle poidan causar ó ambiente e do seu custo de restauración, garantindo ademais o cumprimento das medidas correctoras e protectoras.

Proponse como aval definitivo para realiza-los traballos de restauración, para unha superficie de 8,22 ha, a cantidade de douscentos setenta e tres mil oitocentos oitenta e sete con vintetrés (273.887,23) euros.

Dado que o aval ten unha longa duración no tempo e co obxecto de manter constante a relación do importe do aval co posible custo que pretende garantir, acordarase a súa actualización cada cinco (5) anos, de acordo coa disposición adicional terceira do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental. O aval revisarase segundo o exposto no anexo III desta DEA.

13.3. O promotor comunicará á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, a data de comezo da explotación.

13.4. As condicións indicadas nesta DEA son de obrigado cumprimento para o promotor. Sen embargo, este poderá solicitar ó órgano ambiental, a través do órgano substantivo, a revisión das medidas indicadas nesta DEA co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na explotación, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarao, nun prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DEA polo órgano substantivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, presentando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionada, o órgano ambiental avaliaraas, comunicando o acordo adoptado ó promotor, que non poderá comeza-los traballos de explotación antes de contar coa comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.5. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o promotor deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

13.6. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental, e ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo, se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.7. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non contemplado actualmente.

13.8. Se, unha vez emitida esta DEA, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e ata que estes sexán corrixidos.

13.9. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial por parte do promotor, das condicións impostas nesta DEA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto presentado consiste nunha explotación a ceo aberto de granito ornamental, situada no concello de Vimianzo (A Coruña). Divídese en dúas zonas de extracción segundo a variedade de granito, a explotación nº 1 de granito gris escuro e a explotación nº 2 de granito beixo claro.

As características de cada unha das zonas son as seguintes, segundo o documento Anexo IV: Documentación complemetaria ó estudio ambiental da concesión de explotación Baio 6950 1ª fracción. Maio 2003:

Superficie

(m)

m/ano

todo-un

Perdasm/ano

vendibles

Vida

Explotado

n nº 1

32.43012.16560%4.90020

Explotado

n nº 2

10.9323.07555%1.40020

Os estériles producidos en ámbalas zonas de explotación, tanto por fracturación como na operación mineira, acumularanse nunha entulleira que ocupará uns 31.200 m. Nunha zona anexa á entulleira amorearase tamén a terra vexetal.

As actividades que comprenden a cadea de producción son corte na canteira, emvarcadura do bloque, corte na praza, manipulación e escuadramento.

Segundo o documento Anexo. Contestación á notificación da cualificación da concesión de explotación derivada do P.I. Baio, nº 6950. Marzo 2003, as instalacións auxiliares ocuparán unha superficie de 200 m. Estas instalacións consistirán nunha edificación dedicada ós seguintes usos: mantemento maquinaria, oficina, vestiarios e almacén.

Medidas protectoras e correctoras.

No estudio presentado contémplanse unha serie de medidas protectoras e correctoras, das que se executarán as seguintes:

* Atmosfera:

Contaminación producida por partículas sólidas e po:

-Rega periódica das pistas con auga.

-Pavimentación de accesos permanentes á mina.

-Retirada das pistas do material formado por acumulación de po.

-Reducción da velocidade de circulación dos vehículos.

-Revexetación das áreas adxacentes ás pistas de transporte.

-Control de lavado de baixos para vehículos que acceden ás redes de estradas.

* Contaminación acústica:

-Reducción da velocidade de circulación e minimización dos cruzamentos de pistas.

-Instalar silenciadores nos equipamentos móbiles.

-Estudiar rutas alternativas de transporte en zonas próximas ás áreas habitadas.

-Realizar un mantemento preventivo axeitado e recubrir de goma os elementos metálicos que sofren os impactos das rochas.

-Limita-lo traballo das unidades máis molestas ás horas diurnas.

* Augas:

-Os posibles lavados de ferramentas non serán nunca realizados nos leitos.

-Ó fin de preve-la contaminación das augas planificaranse as obras de construcción de forma que non se produzan arrastres de sedimentos, establecendo se é necesario as medidas oportunas de canalización, etcétera.

-En canto á contaminación de acuíferos por aceites, hidrocarburos, etcétera, derivada do mantemento da maquinaria, estes deberán ser recollidos tralo mantemento da maquinaria, se este se realiza na zona de explotación.

* Solo e cuberta vexetal:

-Delimita-las zonas de obra, impedíndose a circulación de maquinaria e outros labores ligados á construcción polo resto da área. Estas zonas de obra tentarán de reducirse no posible.

-Retirada progresiva e posterior almacenamento das camadas superficiais do solo. Agruparanse por separado e en moreas non excesivamente grandes para evita-la deterioración das propiedades edáficas. Amorearase, por un lado, a cobertera que coincide xeralmente cos horizontes máis ricos en materia orgánica (terra vexetal), e por outro lado, as camadas subxacentes que se atopan na parte superior do xacigo mineral propiamente dito.

* Paisaxe:

Tratamento paisaxístico de accesos:

-A apertura de accesos ou modificación dos existentes realizarase utilizando materiais que non supoñan contraste coas gamas cromáticas do terreo. Ademais, o deseño dos accesos debe efectuarse de xeito que os ocos de escavación queden fóra dos campos visuais dos correspondentes puntos de percepción. Isto conseguirase con trazados en planta en forma de J.

-Procederase a restaura-las cunetas dos accesos e á retirada de todo tipo de sobrantes de explanación, etcétera, a vertedoiro controlado ou emprazamento apto para este tipo de residuos.

* Tratamento paisaxístico para a integración da explotación:

-Simular no posible a topografía final á existente na zona de actuación e utilizar, cando sea factible, os estériles para rechear.

-Evita-la introducción de elementos que denoten artificialidade (liñas rectas, ángulos moi marcados, regularidade de formas xeométricas, etcétera).

-Utiliza-lo cerramento visual natural.

* Modelaxe dos ocos finais de escavación:

-As últimas pegas que se disparan nos procesos de arrinca con perforación e voadura deben modificarse no seu deseño co fin de non provocar danos que afecten as propiedades estructurais do macizo rochoso residual.

* Medio socio-cultural:

-Mellora das estradas existentes.

ANEXO II

Resultado das consultas realizadas

Do contido dos informes recibidos cabe destaca-las seguintes consideracións:

-Augas de Galicia, no seu primeiro informe indica unha serie de carencias de que padece a documentación presentada, así mesmo, conclúe realizando as seguintes observacións:

De acordo cos artigos 78 e 126 do Regulamento do dominio público hidráulico, o conxunto de actividades propostas precisan autorización de obras na zona de policía e no dominio público hidráulico dos leitos afectados, coas seguintes precisións:

-Tódalas obras proxectadas, así como as operacións complementarias derivadas do procedemento

constructivo (tales como desvío de leitos, etcétera) que se leven a cabo dentro do dominio público hidráulico, deberanse notificar ó organismo autónomo Augas de Galicia para a súa avaliación e tramitación da correspondente autorización segundo o artigo 126 do Regulamento do dominio público hidráulico.

-Deberanse evita-las afeccións ás augas superficiais e subterráneas, tanto durante as operacións de adecuación e preparación das zonas de traballo como durante o desenvolvemento destes. Neste senso, tódolos residuos e materiais de refugallo xerados durante as operacións de execución das obras proxectadas deberán ser tratados adecuadamente segundo a lexislación vixente, tendo que ser trasladados a vertedoiro autorizado.

-Non se poderán realizar captacións de augas tanto superficiais como subterráneas sen a correspondente concesión segundo o artigo 58 da Lei de augas, outorgada esta polo organismo autónomo Augas de Galicia. No caso de derivación temporal de augas superficiais por un prazo máximo de dous anos, tamén procede a solicitude da correspondente autorización segundo o preceptuado no artigo 76 do Regulamento do dominio público hidráulico.

-As zonas de amoreamento de terras procedentes das escavacións levadas a cabo antes e durante a execución das obras, deberán ser notificadas a este organismo naqueles casos en que se afecten as zonas de policía ou o dominio público hidráulico dos ríos, regatos e demais cursos de auga. Nestes casos, para levar a cabo os recheos precísase da correspondente autorización de Augas de Galicia segundo o establecido no artigo 9 do Regulamento do dominio público hidráulico.

Trala recepción do documento Anexo ó proxecto de explotación de granito ornamental Baio nº 6950 1ª fracción da provincia da Coruña. Decembro 2002, documentación solicitada no seu primeiro informe, Augas de Galicia, emite un segundo en que indica:

Unha vez revisada a documentación complementaria do proxecto de concesión de explotación dunha canteira en Baio (Baio 6950), remitida con data do 23 de decembro de 2002 a este organismo por parte da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, considérase que esta é axeitada e suficiente.

Neste senso, considérase que as medidas de protección de leitos e augas subterráneas recollidas no proxecto son axeitadas, debendo ter especial precaución nos seguintes aspectos:

-A vertedura final ó leito do río Vilar ou Torrente das augas de escoamento, autorizarase e realizarase sempre e cando a concentración de sólidos en suspensión do efluente non supere en ningún momento os límites recollidos na táboa 3 do anexo ó título IV do Regulamento do dominio público hidráulico. De acordo co artigo 245 do Regulamento do dominio público hidráulico é preceptiva a solicitude de autorización a este organismo para poder realiza-la ver

tedura á rede fluvial. Deste xeito, as actuacións non poderán afectar nin á calidade nin ó volume das augas existentes previamente ó inicio da explotación.

-As balsas de decantación serán convenientemente impermeabilizadas para evitar infiltracións no terreo, así como novas chegadas de terras e posibles arrastres ó río.

-En ningún caso se invadirá o leito do río coa maquinaria utilizada para a execución das obras e a posterior explotación da canteira.

-A revexetación das superficies afectadas pola explotación realizarase da maneira máis rápida e efectiva posible, co fin de reduci-los arrastres de terras que poidan chegar ós cursos de auga.

-Respectarase en todo momento a zona de servidume de 5 m de largo medida desde as máximas enchentes ordinarias, prevista no artigo 6 da Lei de augas.

Por outra banda, de acordo cos artigos 245 e seguintes do Regulamento do dominio público hidráulico, a execución dunha fosa séptica non estanca de recolla de augas residuais e posterior vertedura do efluente ó río Vilar ou Torrente precisa da correspondente autorización de Augas de Galicia para vertedura de augas residuais.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite o seguinte informe:

-Informar favorablemente o E.E.A. Baio nº 6950-1ª. Memoria a Prospección Arqueolóxica (Vimianzo, A Coruña).

-As medidas correctoras propostas na devandita memoria incluiranse na correspondente declaración ambiental.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, emite informe no que se indica:

Con base na documentación presentada e no informe do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, infórmase do seguinte:

* Resumo do proxecto:

Os datos do presente epígrafe extraense da documentación presentada, en concreto do punto que trata explicitamente das actuación do proxecto (IV. Método de explotación).

O proxecto está promovido para a explotación a ceo aberto dunha canteira de granito; a súa finalidade é a obtención de granito ornamental.

Para acada-los obxetivos anteriores prevé a apertura de dous ocos de explotación, de 245.000 m e 62.000 m, proxectando unha extracción de bloque vendible anual de 4.900 m e 1.400 m respectivamente (o sobrante corresponderase a estériles e terra vexetal). Para acada-las produccións anuais anteriores, explotando a totalidade das reservas, prévese unha duración de 20 anos, máis obsérvase que cos datos fornecidos esta cifra se reduciría a menos de 14 anos se a explotación das dúas frontes é secuencial, reducíndose a menos de 8 de ser simultánea.

Por outra banda preténdese habilitar unha entulleira cunha capacidade de acollida de 260.000 m, sen embargo o volume de estéril xerado representa unha cifra de 180.000 m.

En resumidas contas se nos presenta un proxecto de explotación pouco concreto; trátase antes dun compendio de información xeral, no que logo se obvian ou se erran os aspectos máis concretos. Como exemplo do subscrito neste parágrafo, son de resalta-los seguintes aspectos:

-Non se determinan superficies afectadas (nin de ocos, entulleiras, amoreamentos de lodos, terra vexetal, accesos, instalación e infraestructuras varias).

-Non se determina a lonxitude dos accesos.

-Non se define a programación das actividades, é fundamental coñecer isto, sobre todo no caso da apertura dos ocos. En todo caso, e segundo os datos presentados, suponse que a apertura é secuencial, sen embargo e a pesar disto, en ningún momento se fala da transferencia de estériles ós ocos de explotación.

-Faise un compendio de posibles entulleiras, determinando vantaxes e inconvenientes e facendo recomendación, pero nada concreto e específico, e por riba sobredimensiónase en 80.000 toneladas.

Situación actual con respecto ós espacios naturais protexidos:

Actualmente o lugar onde se sitúa a explotación prevista non mostra ningunha figura autonómica ou estatal de protección de espacios naturais.

Á vista da documentación de referencia caben facer estas observacións:

1. Medio biótico.

O único plano que se presenta para a caracterización do medio biótico é un de Cultivos e aproveitamentos, que se caracteriza por ser de caracterización insuficiente, anacrónico, sen escala e con lenda ilexible.

Por outra banda, a descrición na escrita é sucinta e xeneralista, sen concretar unha distribución e abundancia das especies, ecosistemas, hábitats e/ou asociacións na área de influencia do proxecto, obviándose, tamén, facer comentarios de tipo cualitativo, como: estado de conservación, singularidade, rareza, fraxilidade, figuras de protección, etcétera. De feito non se presenta un estudio do medio biótico (fundamental para o caso da fauna e vexetación) cun contido clásico de: introducción, material e métodos, resultados e conclusións.

Considérase que dada a importancia do medio biótico como constituínte do ambiente, debe atenderse a un mínimo que se corresponderá coa presentación de:

-Cartografía, precedendo inventario, dos ecosistemas, hábitats e asociacións vexetais (debe reflectirse no estudio a estructura e composición destes), que debe ser exhaustiva sen discriminación por razón

da súa vulgaridade, destacando os singulares, fráxiles, raros, endémicos ou vulnerables, e dentro destes as zonas húmidas e ecosistemas fluviais.

-Cartografía, precedendo inventario, das especies vexetais protexidas pola lexislación, así como outras especies relevantes (incluídos na Lista Vermella, endémicas, raras, fráxiles, relictas...) e que puidesen verse comprometidas, directa ou indirectamente, polo proxecto previsto ou a súa explotación.

-Inventario das especies animais protexidas e/ou singulares, así como o resto da poboación en xeral.

-Inventario, descrición e, se é o caso, cartografía de corredores, puntos de paso ou rutas migratorias, hábitats faunísticos, e outros datos de interese.

-Avaliación das repercusións sobre as cadeas alimentarias, ciclos de reproducción, mobilidade das especies e pautas de comportamento, centrándose fundamentalmente nas protexidas e/ou singulares, así como aquelas que sexan limitantes.

-Como xa se espuxo, os datos anteriores deben atender á estructura clásica dun estudio, polo tanto farase referencia ás revisións bibliográficas, normativa vixente, datos do traballo de campo, sistema de mostraxe empregado, estatísticos de mostraxe, etcétera.

2. Infraestructura viaria.

Non se fai unha descrición cuantitativa da afección das pistas, nin se reflicte a súa distribución nos planos. Se ben se fai mención a que estas se plasman no plano nº 11 con cores vermellas e negras, indicar que este plano se presenta en branco e negro.

En todo caso, ademais de emenda-las carencias expostas haberá que ter en consideración o seguinte:

-Adopción das medidas precisas para evitar posibles desprendementos, fundamentalmente en zonas de forte pendente, medidas que se adoptarán tanto para a fase de acondicionamento como para a de explotación.

-Os noiros e desmontes deberán de estar protexidos contra fenómenos erosivos.

-A auga evacuada en cada bueiro debe corresponderse coa mesma microbacía en que se efectuou a captación.

-Lémbrese que os camiños son elementos lineais que cortan transversalmente o paso da auga (efecto presa). Esta limitación implica que na parte baixa da encosta atravesada pola pista a chegada de auga de escoamento se reduce de xeito importante. As implicacións anteriores deberanse sopesar no ecosistema, sobre todo naqueles intimamente ligados ó réxime hídrico, distribuíndose en función dos resultados obtidos un número suficiente de bueiros.

-Para evita-los potenciais problemas de erosión e deposición de sólidos, entre outras medidas, colocaranse disipadores de enerxía e barreiras de sedimentos á saída dos bueiros.

-A deterioración que sufran as infraestucturas viarias, como consecuencia do uso que se efectúe delas durante o ciclo de explotación, deberá ser restaurado. Entendemos esta necesidade aplicable a aqueles elementos dos accesos que repercuten directamente no ambiente (procesos erosivos, contaminantes, desprendementos, levantamento de pó, etcétera).

3. Lodos.

Apenas se fan referencias a estes, só se dá a entender de maneira implícita que o seu lugar está nas balsas de decantación. Na súa xestión é de interese a consideración dos seguintes criterios:

-Emprego destes lodos durante a fase de restauración, constituíndo os lodos a primeira camada do perfil artificial que se prevexa.

-Almacenaxe dos lodos en zonas habilitadas para o efecto, áreas que estarán acondicionadas de forma que os procesos erosivos a que poidan estar expostos non inflúan nunha mingua do amoreamento. Esta perda pode diminuír cuantitativamente un material interesante para a posterior restauración. Ademais esta mingua pode ir nun incremento de sólidos en suspensión na rede natural de drenaxe, coas consecuencias negativas que isto supón para o ecosistema fluvial.

-A recolla dos lodos das balsas de decantación debe ser periódica, presentando unha cadencia que manteña a funcionalidade do sistema de decantación en condicións óptimas.

-O amoreamento debe efectuarse de xeito que non se produza un movemento en masa ou deslizamento do material almacenado, para o que se adoptarán as medidas técnicas adecuadas.

4. Terra vexetal.

Con respecto a este material só se salienta a necesidade de incorpora-los seguintes criterios:

-É necesario que se retire e almacene a terra vexetal de tódalas zonas que sexan ocupadas pola explotación, así como todas aquelas susceptibles de sufrir deterioración.

-Froito da erosión do amoreamento escorrerán augas cargadas de sólidos en suspensión. Para evitar isto, dotarase o amoreamento dunha gabia perimetral que reconduza as augas ata o sistema de decantación.

-Tomaranse medidas para evitar no máximo esta perda, que ben pode ser revexetación e emprego dun mulch. Recoméndase que previamente á implantación vexetal, se protexa o amoreamento por medio dun mulch, dando paso posteriormente ó establecemento de herbáceas (aconséllase a mistura de gramíneas e leguminosas).

-Para mante-las propiedades do acúmulo, non se deberán exceder dos 2 metros de altura, e procederase á súa aireación cada seis meses.

-Evitarase todo proceso que favoreza a súa compactación, como paso de maquinaria, alturas escesivas.

-O amoreamento debe facerse de xeito que non se produza un movemento en masa ou deslizamento do material almacenado, para o cal se adoptarán as medidas técnicas axeitadas (colocación de barreiras físicas na cara inferior do amoreamento; cunetas de garda).

-Deberá estudiarse o balance de terra vexetal que se producirá entre o amoreado e o empregado para a restauración. No caso de producirse un déficit, debe explicarse detalladamente a xestión que seguirán.

5. Sistema de drenaxe e decantación.

A definición das balsas de decantación padece de falta dunha descrición xeométrica e dun aval técnico que xustifique as medidas que se adopten.

Existen, alomenos, tres planos cun sistema de drenaxe, e nos tres é distinto (nº 11, nº 11 bis e nº 1003).

6. Entulleiras.

Xa se fixo anteriormente algún comentario sobre esta, en síntese está proxectada para 260.000 m cunha superficie aproximada de ocupación de 2,2 ha.

En relación á entulleira sinálase fundamentalmente que se estudie a posibilidade de facer unha transferencia ós ocos de explotación abertos que, en total, supoñen un volume de 300.000 m.

7. Cerramento perimetral.

Perimetralmente ó oco de explotación colocarase un cerramento que impida a caída de persoas e animais na zona de explotación; evitarase, así mesmo, o emprego de arame de espiño. Lémbrase que esta medida, ademais da súa repercusión ambiental incluiríase dentro das medidas de seguridade e saúde recollida na lexislación correspondente.

Esta medida adoptarase, como mínimo, naquelas áreas potencialmente perigosas. Por outra banda lémbrase que durante a fase de restauración, e unha vez recheo o oco, este cerramento perimetral será retirado e xestionado de acordo coa súa natureza.

8. Restauración.

Deberá redefinirse o proxecto de restauración, pois tenderase ó recheo do oco mediante a restitución de estériles.

De tódolos modos, aspectos básicos como a remodelación dos noiros finais presenta unha caracterización xenérica, nada operativa; nembargantes, este mesmo comentario sería válido para o resto das actuacións previstas ou propostas.

Sería adecuado que se propuxesen medidas de carácter compensatorio que tratasen de equilibra-los impactos de índole paisaxística e ecolóxica, mediante labores de mellora ecolóxica e paisaxística. Lémbrese a este respecto que un dos principios inspiradores da normativa ambiental esgrime a necesidade de internalización dos custos ambientais, tendo en conta, no senso amplo, o principio de «quen contamina paga». En base a este principio, deben

establecerse medidas compensatorias (ademais das correctoras e protectoras), que deberán ser asumidas e programadas como un elemento máis do proceso productivo.

En definitiva, a documentación presentada non está suficientemente definida detectándose numerosas carencias. Estímase, por tanto, que o contido deste estudio non é suficiente para emitir un informe que valore correctamente os impactos ambientais do proxecto proposto no medio natural. Estímase, por tanto, a necesidade de emenda-la documentación presentada, co fin de poder facer unha adecuada valoración das repercusións das actividades no medio.

-Trala recepción do documento Asunto: Documentación solicitada por MAN (Medio Ambiente Natural). Febrero 2003 a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, emite un segundo informe en que indica:

A área onde se asenta o proxecto non presenta unidades ecolóxicas nin paisaxísticas salientables, a excepción do ecosistema fluvial próximo á canteira. Non son, por tanto, de prever impactos severos.

O impacto máis salientable é o que se pode xerar no ecosistema fluvial. A este respecto debemos referir que nos planos que agora se presentan se reflicte unha das canles perimetrais paralela, tanxente e/ou imbricada co ecosistema de augas correntes. Non sabemos cal é a función deste canle, nin tampouco por que transcorre cunha lonxitude superior ós 500 m afectando o ecosistema fluvial. Este aspecto deberá clarexarse.

En todo caso deberá completarse a seguinte documentación:

1. Concordar-lo proxecto de explotación.

2. Concorda-lo mapa do medio biótico.

3. Concorda-la infraestructura viaria.

4. Xestión dos lodos.

5. Concreción do sistema de drenaxe e decantación.

6. Programa de actuacións na entulleira.

7. Concorda-lo plan de restauración.

Anexo ó informe sobre a documentación adicional da explotación mineira Baio nº 6950.

Estructúranse os puntos seguindo correlativamente cada un dos epígrafes que se presentan na documentación complementaria adicional, saltando aqueles que non necesiten observacións:

1. Proxecto de explotación pouco concreto:

Baixo este epígrafe relacionan unha serie de carencias que non se puxeran de manifesto no primeiro informe.

Debe completarse a documentación.

2. Medio biótico:

Neste epígrafe segue sen darse resposta ós obxectivos perseguidos no requerimento.

Véxase o primeiro informe.

3. Infraestructura viaria:

Baixo este epígrafe, que emula o mesmo nome que se expuxera no primeiro informe, danse unha serie de respostas que non corresponden coa infraestructura viaria proxectada, senón que se refiren á canteira propiamente dita, e mesmo nalgún caso á entulleira. Este feito significa que aqueles epígrafes que pretenden dar resposta a puntos referidos a pistas o fan para a canteira, quedando polo tanto os primeiros sen resposta.

4. Lodos:

Neste epígrafe non se tratan os criterios para a xestión dos lodos, que se propuxeran no primeiro informe.

Remitirse ó mesmo punto, do anterior informe, lembrando que é de interese que se adopten os criterios alí expostos.

5. Sistema de drenaxe e decantación:

Para o non considerado ou aclarado neste epígrafe, será vixente o xa exposto no primeiro informe.

Débese referir que nos planos que agora se presentan se reflicte unha das canles perimetrais paralela, tanxente e/ou imbricadas co ecosistema de augas correntes. Non se sabe cal é a función desta canle, nin tampouco por que transcorre cunha lonxitude superior ós 500 m afectando o ecosistema fluvial.

6. Entulleira:

Neste punto expóñense unha serie de motivos polos cales non se efectúa transferencia de estériles. Motivos que non son avaliables por esa unidade administrativa.

Desde o seu eido competecional estiman que a mellor medida para a integración ecolóxica e paisaxística é a transferencia de estériles.

7. Restauración:

Faise referencia a que se plantarán unha serie de frondosas paralelas ó curso de auga.

Non se sabe onde se vai efectuar esta plantación e en que medida.

-Trala recepción do documento Anexo IV: Documentación complementaria do estudio ambiental da concesión de explotación Baio 6950 1ª fracción. Maio 2003 a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, emite un terceiro informe concluíndo:

Á vista da documentación de referencia, así como do examinado no expediente ambiental aberto ó respecto, e sempre dentro da liña do expediente, cabe referir que, de cumprirse todo o exposto na documentación e informes emitidos ó respecto, non hai motivos para non estimar unha axeitada integración

ambiental do proxecto. De todos modos a execución das obras e o plan de seguimento ambiental serán determinantes no cumprimento da premisa anterior.

ANEXO III

Cada cinco (5) anos o aval actualizarase de acordo coa seguinte fórmula:

(S SR)

T= TxIx...xIx

S

sendo:

T importe total do aval inicial

T importe do aval no ano i

i ano de explotación

S superficie inicial prevista a restaurar

SR superficie restaurada ata o ano i.

I inflación no ano i (IPC en Galicia)

Previamente ó cambio do aval será fixada polo órgano substantivo a superficie restaurada ata o ano i SR

O cambio efectuarase cada cinco anos ou antes se o promotor o solicitase.