Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto constructivo de acondicionamento da estrada C-531. Treito: Vilavidal-Cortegada (Ourense). (Clave OU/99/59.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data 19 de setembro de 2002, procédese á aprobación do proxecto de construcción do acondicionamento da estrada C-531. Treito: Vilavidal-Cortegada (Ourense). Clave: OU/99/59.1 polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 2 de xaneiro de 2003, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 5/2003, publicado no DOG nº 11, do 17 de xaneiro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta nos concellos de Gomesende, Cortegada e Ramirás para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Casa do Concello de Gomesende.

Datas 7, 8, 9 e 12 de xaneiro de 2004.

Horario: de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas.

Día 7, do predio nº 1 ó predio nº 115.

Día 8, do predio nº 116 ó predio nº 193.

Día 9, do predio nº 194 ó predio nº 319.

Día 12, do predio nº 320 ó predio último.

-Casa do Concello de Cortegada.

Datas: 13, 14, 15, 16 e 19 de xaneiro de 2004.

Horario: de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas.

Día 13, do predio nº 1 ó predio nº 143-1.

Día 14, do predio nº 144 ó predio nº 261.

Día 15, do predio nº 262 ó predio nº 352.

Día 16, do predio nº 353 ó predio nº 450.

Día 19, do predio nº 451 ó predio último.

-Casa do Concello de Ramirás.

Datas 16, 17, 18 e 19 de decembro de 2003.

Horario de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas.

Día 16, do predio nº 1 ó predio nº 119.

Día 17, do predio nº 120 ó predio nº 191.

Día 18, do predio nº 192 ó predio nº 270.

Día 19, do predio nº 271 ó predio último.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Ramirás, Gomesende e Cortegada e no Servicio Provincial de Estradas (r/ Sáenz Díez nº 1-1º) 32071 Ourense.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación, forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas en Ourense, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, a 19 de novembro de 2003.

José Manuel González Sánchez

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas de Ourense