Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/657-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T.ó C.T. Pesqueiras-2.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, con conductor LA-56, de 606 m de lonxitude, con orixe no apoio 44 da L.M.T. Ponteareas e remate no C.T. Pesqueiras 2, existente na parroquia de Pesqueiras, no concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 28 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra