Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º, 36280 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Salceda Barral.
Situación: concello de Salceda de Caselas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, con conductor R.H.V. de 15 m de lonxitude, con orixe no apoio 14 da L.M.T. a Salceda-I e remate no C.T. que se proxecta, de 160 kVA R.T. 20 kV/230-398 V, situado en Barral, Sta. María de Salceda, no concello de Salceda de Caselas. Reforma de 660 m de R.B.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 30 de outubro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra