Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.063

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (365/2002-M).

Elma Monzón Cuesta, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario nº 365/2002-M, entre as partes que se dirá, nos que se dictou sentencia, co encabezamento e a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Na Coruña, treinta e un de xullo de dous mil tres.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, vistos estes autos de xuízo ordinario, promovidos por Ángel Rodríguez Lois, María Fernández Pan e Concepción Fernández Lois, todos eles representados polo procurador Sr. Guimaraens Martínez e defendidos polo letrado Sr. Queimadelos Martín-Lanuza, contra Jesús Rodríguez Blanco, representado polo procurador Sr. Lage Fernández-Cervera e defendido polo letrado Sr. Sánchez Souto e María Gómez Mosquera;

Resolvo que, desestimando a demanda interposta polo procurador Sr. Guimaraens Martínez na representación de María Fernández Pan, Manuel Rodríguez Lois e Concepción Fernández Lois, absolvo a Jesús Rodríguez Blanco e José Francisco, María José, María Ángeles e María del Carmen Freire Gómez das pretensións que contra eles se exercitaban. As custas impóñenselles ós demandantes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación que se preparará ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Javier San Claudio Piñón. Asinado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada por Javier San Claudio Piñón, que a subscribe, e que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Elma Monzón Cuesta. Asinado.

E para que conste e para a súa inserción no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma á demandada rebelde, María José Freire Gómez, expido esta sentencia o trinta e un de xullo de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado