Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.063

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2003 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións, a Enrique Sánchez Sánchez (praza 146/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión nomeada para xulga-lo concurso da praza número 146/2001, convocado por resolución desta universidade do 20 de novembro de 2001 (BOE do 14 de decembro), e unha vez acreditado polo concursante proposto que reúne os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Enrique Sánchez Sánchez, con documento nacional de identidade número 34903228-S, catedrático de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, adscrita ó departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o rector, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 11 de novembro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo