Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 7 de novembro de 2003, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Vallogo, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo titular da oficina liquidadora do distrito hipotecario do Barco de Valdeorras, en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo en Paseo do Malecón, nº 30, baixo, O Barco de Valdeorras, en horario das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 7 de novembro de 2003.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Vallogo, S.L.

CIF B24329328

R/ Ave María, 2, 24400 Ponferrada. León

Liq. complementaria

Exp. 19/2002 «Z»

Transmisións

Doc. 20008399

Vallogo, S.L.

CIF B24329328

R/ Ave María, 2, 24400 Ponferrada. León

Liq. complementaria

Exp. 18/2002 «Z»

Transmisións

Doc. 20008394