Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

EDICTO.

De conformidade co punto 12 das bases xerais para cubrir polo sistema de concurso, como persoal laboral fixo, unha praza de peón de obras e servicios vacante no cadro de persoal deste concello publicadas no BOP nº 102, do 6 de maio de 2003, o tribunal cualificador, con data 16 de outubro de 2003, declarou aprobado ó aspirante Antonio Fernández Fernández, titular de DNI 33333286-F, propoñendo á Alcaldía que, tralo cumprimento polo aspirante aprobado do establecido no punto 13 das referidas bases, proceda a resolve-lo proceso selectivo ó seu favor.

Á vista da proposta do tribunal cualificador, de conformidade con ela, e presentado polo aspirante aprobado a documentación esixida no punto 13 das bases.

Esta Alcaldía, en uso das atribucións conferidas polo artigo 21.1 H) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 61.1º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar aprobado por supera-lo concurso para prover, como persoal laboral fixo, unha praza de peón de obras e servicios do cadro de persoal laboral deste concello e, polo tanto, resolve-lo proceso selectivo a favor de Antonio Fernández Fernández, titular de DNI 33333286-F.

Segundo.-Publíquese esta resolución no taboleiro municipal de anuncios, BOP, DOG e notifíqueselles ós interesados.

En contra deste acordo que pon fín a vía administrativa, pódese interpoñer, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, reformada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses desde a súa notificación.

De ter interposto recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producirá a súa desestimación presunta.

Poderase interpoñer igualmente calquera outro recurso que estime procedente.

Navia de Suarna, 7 de novembro de 2003.

O alcalde

Rubricado