Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO de contratación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Foz.

2. Obxecto do contrato: contrato de consulatoría e asistencia técnica para a formulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Foz, que incluirá dentro do propio documento a ordenación detallada dos sectores de solo nas Torres-Llás e Folgueiras, cualificados nas normas subsidiarias en vigor neste concello como solo urbanizable.

3. Forma: concurso.

4. Procedemento: aberto.

5. Tramitación: urxente.

6. Orzamento: tipo de licitación: 310.000 euros, IVE incluído.

7. Financiamento: anualidade 2003: 42.080 euros (partida 432601.01); anualidade 2004: 267.920 euros (partida 432601.01).

8. Garantía provisional: 2% do orzamento-tipo de licitación.

9. Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

10. Obtención de documentación e información: Concello de Foz-Secretaría.

11. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas económico-administrativas e técnicas aprobadas polo pleno municipal.

Lugar de presentación: rexistro de entrada de documentos do Concello de Foz (rúa Álvaro Cunqueiro 25, 27780 Foz, Lugo).

Foz, 28 de novembro de 2003.

José María García Rivera

Alcalde