Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cuntis. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cuntis.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Prazo de execución: 28 meses.

5. Orzamento base de licitación: cento sete mil (107.000) euros, consonte a seguinte desagregación:

Anualidade 2004: ata un máximo de vinteseis mil setecentos cincuenta euros (26.750 euros).

Anualidade 2005: ata un máximo de cincuenta e tres mil quiñentos euros (53.500 euros).

Anualidade 2006: ata un máximo de vinteseis mil setecentos cincuenta euros (26.750 euros).

6. Garantías provisional: 2.140 euros. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Cuntis, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no prazo de vinte días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

8. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas particulares, presentarase conforme o seguinte modelo:

«D/Dna... con domicilio en... rúa... nº..., código postal..., teléfono..., fax... titular do NIF nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., con NIF/CIF... e domicilio en..., rúa..., nº..., código postal... teléfono..., fax...) manifesta que informado do anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia de data... conforme con tódolos requisitos e condicións que se esixen para adxudicar mediante concurso o contrato de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cuntis e do prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que han de rexer no dito concurso e na representación que exerce, se compromete a realiza-lo contrato, polo importe que se sinala a seguir (IVE incluído):

En...,... de... de 2003.

O/a licitador/a (firmado e rubricado)»

9. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Cuntis, ás 14.00 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Cuntis, 5 de novembro de 2003.

Eduardo Rey Rodríguez

Alcalde