Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

EDICTO.

Exposición pública do proxecto de modificacións puntuais 6 e 7 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello das Neves.

De acordo co establecido polo artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública o expediente de modificacións puntuais nº 6 e 7 do Plan Xeral de Ordenación Municipal das Neves, aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o día 8 de novembro de 2003, por un período dun mes, para que durante este tempo, que comezará a contar desde a publicación no Diario Oficial de Galicia, poida examinarse o expediente, na secretaría deste concello, de luns a sábado, de 9.00 a 13.00 horas, e formula-las alegacións que se estimen pertinentes.

As Neves, 10 de novembro de 2003.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente