Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.010

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (285/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 285/2003 por instancia de Laura Mirad González e outra, contra Confecciones Asturgal, S.L. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, 4 de novembro de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña, viu os pre

sentes autos de xuízo número 285/2003, seguidos por instancia de Laura Mirad González e Marisol Pardo Garabato, maiores de idade, asistidos polo letrado Benigno Grobas Vázquez, contra a empresa Confecciones Asturgal, S.L., que non compareceu nos autos; e o Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxeccto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Laura Mirad González e Marisol Pardo Garabato contra a empresa Confecciones Asturgal, S.L., condenando a demanda a lles aboar as demandantes as cantidades seguintes: 2.543,24 euros a favor da Sra. Mirad, e 2.890,76 euros a favor de Sra. Pardo polos conceptos reclamados na demanda, máis o 10% de xuro por mora, con absolución do Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, cosigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 4 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado