Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.010

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (985/2002).

No procedemento de referencia dictouse a resolución cun encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Vigo o quince de setembro de dous mil tres.

Vistos por Mercedes Carmen del Riego, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo, estes autos de xuízo ordinario número 985/2002, promovidos por instancia de José Luis Andreu Martín e Isaura Pereira González, representados polo procurador Ricardo Vidal Sampedro, asistidos polo letrado Ramón González-Babé Iglesias, contra Manuel Montes, declarado en rebeldía, sobre resolución do contrato de arrendamento por falta de pagamento das rendas de local de negocio e reclamación de cantidade.

Decido que, estimando integramente o suplico da demanda inicial destas actuacións, interposta polo procurador dos tribunais Ricardo Vidal Sampedro en representación de José Luis Andreu Martín e Isaura Pereira González, contra Manuel Montes, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que sobre o predio sito na avenida da Florida nº 60, baixo, letra H, de Vigo, existía entre os demandantes e a parte demandada, por falta de pagamento das rendas pactadas e, consecuentemente, debo declarar e declaro que procede o desafiuzamento da referida parte demandada do expresado predio, apercibíndoo de que se non o desaloxar dentro do termo legal, será lanzado del e á súa custa.

Así mesmo, debo condenar e condeno a esta parte demandada a lle aboar á parte demandante a cantidade de dezaseis mil oitocentos vinteoito euros con vinteoito céntimos (16.828,28) mailos xuros que se devenguen ata a data so seu completo pagamento.

Impóñenselle á parte demandada as custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que se deberá interpor no termo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ó da súa notificación, por medio de escrito presentado ante este xulgado, conforme o disposto nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Montes, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, vintenove de setembro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado