Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.011

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (350/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 350/2003, por instancia de Stephen Alan Edwards en representación do seu fillo Ian Edwards Seoane

contra as empresas D&D Servicios Auxiliares, S.L. e SUC Noroeste Servicios, S.L., sobre salarios, se dictou a seguinte:

«Sentencia.

Na cidade da Coruña o sete de novembro de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 350/2003, seguidos por instancia de Stephen Alan Edwards, maior de idade, en representación do seu fillo Ian Edwards Seoane, contra a empresa D&D Servicios Auxiliares, S.L. que non compareceu, e a empresa SUC Noroeste Servicios, S.L., que non compareceu, e o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido polo letrado Francisco Javier Morado Díaz, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido: que debo estimar e estimo a demanda interposta por Ian Edwards Seoane, contra as empresas D&D Servicios Auxiliares, S.L. e SUC Noroeste Servicios, S.L., condenando ás demandadas a lle aboar ó demandante a cantidade de 145,63 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese ás partes e contra esta resolución no cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, defiitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ás empresas codemandadas, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 7 de novembro de 2003.

Jaime Balabo Yáñez

Secretario xudicial