Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.011

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (253/2003).

Eloisa Alonso García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro de Santander, fai saber que no procedemento de execución 253/2003, do Xulgado do Social número catro de Santander, seguidos por instancia de Francisco Javier González Gil, contra a empresa Seguranza Norte, S.L., sobre despedimento, se dictou o seguinte:

Dispoño.

Primeiro.-Despacha-la execución solicitada por Francisco Javier González Gil, contra Seguranza Norte, S.L. por un importe de 9.296,04 euros de principal máis 929,60 euros para custas, gastos e xuros que se fixan provisionalmente.

Segundo.-Trabar embargo sobre os bens da executada dándose comisión para a dilixencia de embargo que será practicada por un axente deste xulgado, asistido do secretario ou funcionario habilitado, ós que servirá o presente provido do oportuno mandamento, en forza para a práctica acordada, así como solicita-lo auxilio da forma pública se for preciso; gardándose na traba a orde e limitacións que establecen os artigos 592, 605 e seguintes da Lei de axuizamento civil; librándose, en todo caso, ó xulgado correspondente o oportuno despacho, para que practique as dilixencias acordadas, requirindo á parte demandante, caso de non encontrarse bens ó constrinxido, para que os sinale.

Notifíqueselles ás partes, ás que se fará saber que contra esta resolución poderán interpoñer recurso de reposición perante este mesmo xulgado no prazo de cinco días; e así mesmo, en cumprimento do artigo 249 da Lei de procedemento laboral, notifíquese ós representantes dos traballadores da empresa (comité ou delegado de persoal) para os efectos de que poidan comparecer no proceso se o consideran oportuno. De conformidade co que dispón o artigo 247 da Lei de procedemento laboral vixente, remítase comunicación ó Rexistro da Propiedade, concello e delegación de facenda e xefatura provincial de tráfico, co fin de que certifiquen e informen se a empresa demandada posúe, ou non, bens da súa propiedade nos que poder facer traba. Requírase o Fondo de Garantía Salarial para que no prazo de quince días inste o que ó seu dereito conveña. A cantidade reclamada deberá ser ingresada en calquera oficina do Bando Banesto na conta que ten aberta este xulgado co número 38550000640253/03.

Requírase o executado para que manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubri-la contía da execución, con expresión, se é o caso, de cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por qué persoas e con qué título, con apercibimento das sancións que poden impoñérselle cando menos por desobediencia grave, no caso de que non presente a relacións dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesen.

O que lle propoño á S.Sª para a súa conformidade.

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguranza Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOP.

En Santander o catro de novembro de dous mil tres.

Advírteselle ó interesado que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA