Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.929

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (938/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 938/2002 por instancia de José Iglesias Barreiro contra INSS e outros sobre incapacidade derivada de accidente, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, 4 de novembro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do social numero dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 938/2002, seguidos por instancia de José Iglesias Barreiro, maior de idade, asistido polo José Luis Vázquez Pérez Coleman, contra o INSS e a TGSS, representados e asistidos pola letrada Ana Pardo Costas; a Mutua Unión Museba Ibesvico, representada e asistida polo letrado Julio Portela Torrón; a mutua Fremap, representada e asistida polo letrado Carlos Ojea Carballeira; a empresa Suinco Auxiliar del Mueble, S.L. representada e asistida polo letrado José Pablo Ferrero Ferrero e a empresa Centralkit Industrias del Mueble, S.L., que non comparece nos autos, sendo o obxecto da reclamación, incapacidade derivada de accidente.

Seguen feitos e fundamentos de dereitos.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Iglesias Barreiro contra o INSS, TGSS, Unión Museba Ibesvico, mutua Fremap, Suinco Auxiliar del Mueble, S.L. e Centralkit Industrias del Mueble, S.L., absolvendo os demandados dos pedimentos contados nesta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá no caso a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Centralkit Industrias del Mueble, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña, 4 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado