Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.928

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (547/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber que nos autos número 547/2003 seguidos por instancia de Verónica López Andrade, contra Grupo Goncasse, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 3 de novembro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por Verónica López Andrade, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 1.801,92 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Grupo Goncasse, S.L, a que, estando e pasando por tal declaración, aboe á demandante a cantidade de 1.801,92 euros en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo a Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndolles saber que contra ela non poden presentar recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Grupo Goncasse, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Alcalde Lens, 20-baixo, da Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 3 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado