Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.928

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (411/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber que nos autos número 411/2003 seguidos por instancia de María Carmen Martínez Lorenzo, contra Cervecería La Rubia, S.C. e Fogasa, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 3 de novembro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por María Carmen Martínez Lorenzo, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 1.188,34 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Cervecería La Rubia, S.C., a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe á demandante a cantidade de 1.188,34 euros en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo a Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previdos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, facéndolles saber que contra ela non poden presentar recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Cervecería La Rubia, S.C., que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Pintor Joaquín Baamonde, 8, 15005, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 3 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado