Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co nº 815/2003, se acordou, por Resolución do 6 de novembro de 2003, a citación de Francisco José Estévez Díaz mediante a publicación da seguinte cédula de citación:
«En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 815/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Francisco José Estévez Díaz, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 2 de xaneiro de 2004, ás 10.00 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito».
A Coruña, 6 de novembro de 2003.
A secretaria
Rubricado