Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.929

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (823/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 823/2003 por instancia de José Castro Rega, contra a empresa Fernando Rodríguez Nieves e Fogasa, sobre despedimento, se dictou a seguinte:

Sentencia.-Na cidade da Coruña, o 5 de novembro de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu estes autos de xuízo número 823/2003, seguidos por instancia de José Castro Rega, representado e asistido pola graduada social Neonilda Regueira Castañón, contra a empresa Fernando Rodríguez Nieves, maior de idade, e Fogasa, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda interposta por José Castro Rega contra a empresa Fernando Rodríguez Nieves, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante e condeno a demandada a que no prazo de cinco días, desde a data da notificación da sentencia, opte entre e readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade ou o aboamento dunha indemnización de 657,33 euros máis; en ámbolos casos, o aboamento dos salarios de tramitación, desde a data do despedimento que ascende a 35,06 euros/día, con absolución de Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anuciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia; e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030 6349 0000 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 5 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado