Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 24 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores 72 e 73/2003 (acumulados), por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 21 de outubro de 2003, o conselleiro de Sanidade dictou resolución do expediente sancionador 72/2003 e 73/2003 (acumulados), incoado na delegación provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Avelino y otros, S.L.

Intentada a notificación desta resolución, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por la Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Avelino y otros, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento desta.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o seguinte á publicación desta cédula, segundo establece o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta consellería, sita na rúa San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta consellería. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: 72/2003 e 73/2003.

Denunciado: Avelino y otros, S.L.

DNI/NIF: B-15403876.

Último enderezo coñecido: r/ Faraday, 18 (polígono do Tambre), Santiago de Compostela.

Feito imputado: infraccións á lexislación en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 35.b.4 da Lei 14/1986, xeral de Sanidade e artigo 2.3º.4 do Real decreto 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agropecuaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.005,07 A (tres mil cinco euros con sete céntimos).