Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dun contrato administrativo.

Subministración de material informático con destino ós servicios periféricos (oficina das zonas e dos portos) e a Área de Explotación e Planificación do ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: subministración de material informático con destino ós servicios periféricos (oficina das zonas e dos portos) e a Área de Explotación e Planificación do ente público Portos de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 159, do 19 de agosto de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 73.828,20 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 27-10-2003.

b) Adxudicatario: Coremain, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 68.181,98 euros.

e) Prazo adxudicación: corenta e cinco días.

6. Outras informacións: en cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase, advertindo que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución, recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia