Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 10 de novembro de 2003 polo que se lle comunica a Rodríguez del Campo, Marina o arquivo do expediente PR006.2003.1.268, relativo a bolsas de promoción exterior do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento de Rodríguez del Campo, Marina, titular do expediente PR006.2003.1.268 relativo a bolsas de promoción exterior do Instituto Galego de Promoción Económica (Resolución do 11 de febreiro de 2003, DOG nº 40, do 26 de febreiro de 2003), que con data 26 de setembro de 2003 o director da Área de Promoción, Innovación e Información Empresarial do Igape resolveu o arquivo do expediente por renuncia do beneficiario como candidato reserva das ditas bolsas.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de arquivo esgota a vía administrativa e contra ela poden interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo máximo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo máximo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto

Galego de Promoción Económica