De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento da empresa Save
cin, S.L. Asociados y Cía, S.C., titular do expediente AF006.2001.1.114, relativo á axuda a proxectos do Plan de Consolidación e Competitividade da PEME, Sistemas de Calidade (Resolución do 13 de xullo de 2001, DOG nº 142, do 23 de xullo de 2001), que con data 8 de outubro de 2003 o presidente do Igape acordou iniciar procedemento de incumprimento total das condicións de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determina-lo alcance deste, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida.
Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédeselle un prazo de 15 días hábiles desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustifica-la non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica