Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 11 de novembro de 2003 polo que se lle comunica á empresa Ramil Caabeiro, S.L. o arquivo do expediente C1/00.0097.8922.N.441089977-CO relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ó comercio retallista 2000.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento da empresa Ramil Caabeiro, S.L., titular do expediente C1/00.0097.8922.N.441089977-CO, relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ó comercio retallista (Resolución do 27 de xullo de 2000, DOG nº 153, do 8 de agosto de 2000), que con data 29 de setembro de 2003 a directora da Área de Financiamento do Igape resolveu o arquivo do expediente renunciando ós dereitos de concesión por non te-lo beneficiario formalizado o préstamo dentro do prazo estipulado.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de arquivo non esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto

á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica