Con data do 11 de novembro de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra dictou resolución do expediente sancionador núm. 61/2003 PPR incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a La Despensa de Nana, S.L.
Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ó/á director/a xerente de La Despensa de Nana, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na avda. de Vigo, núm. 16 de Pontevedra, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, ou de Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Pontevedra, 11 de novembro de 2003.
Ángeles Feijóo-Montenegro Fernández
Delegada provincial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 61/2003 PPR.
Denunciado: La Despensa de Nana, S.L., con CIF núm. B36805083.
Último enderezo coñecido: rúa Álvaro Cunqueiro, número 22; 36211 Vigo (Pontevedra).
Feito imputado: infraccións en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos:-Artigo 22.2º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Capítulo primeiro, pto. 2º c), d), pto. 4º, capítulo V, pto. 1º e capítulo IX, pto. 2º e 3º do anexo ó Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.-Artigo 3.1º, 3.3º, 3.5º, artigo 5.1º, artigo 7.1º, artigo 10 e artigo 12 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.-Artigo 9 do Real decreto 1712/1991, do 29 de novembro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos.
Tipificación: leve, segundo o artigo 35 A), 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.
Sanción imposta: catrocentos euros (400 A).