Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 6 de novembro de 2003, do Servicio de Protección do Patrimonio Cultural, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador S-P-33/02, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), notifícaselle a incoación do expediente sancionador S-P-33/02 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, á persoa que a seguir se relaciona.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contado desde o seguinte a aquel en que teña lugar a notificación deste acordo, para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións coiden convenientes, e, de se-lo caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretendan valerse (artigo 16.1º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado mediante Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto).

En caso contrario, de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1º, o acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado mediante o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte á publicación deste edicto, para examina-lo expediente e formular, dentro do prazo que en cada caso se estableza, as alegacións pertinentes.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2003.

Mª Isabel Martínez-Pedrayo Valeiras

Xefa de Servicio de Protección

do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-P-33/02.

Interesado: José Antonio Cabreira Hermida.

Enderezo: rúa Conde de Torrecedeira, nº 74, 4º D, 36202 Vigo (Pontevedra).

Asunto: construcción dun galpón de 53 m nun predio situado no lugar de Fragoselo (camiño da Parrocha), parroquia de San Salvador de Coruxo (concello de Vigo, Pontevedra), dentro da área de protección de 200 m do xacemento arqueolóxico denominado Petroglifo do Alto de Balteiros (coa clave de iden

tificación GA36057117), e na área de protección de 50 m dun hórreo centenario (incluído no inventario do patrimonio etnográfico inmobiliario do concello de Vigo, coa clave H/CX/120), carecendo da previa e preceptiva autorización da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia.

Precepto infrinxido: artigo 91 h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.