A Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio de Ourense dá a coñecer á Compañía Mercantil Minas de La Barquiña, S.A. co último enderezo coñecido en Santiago de Compostela, r/ Xeneral Pardiñas, nº 5, 1º B, que mediante resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 3 de xullo de 2003, se iniciou expediente
de caducidade do permiso de investigación Olle, nº 4167, pola causa prevista no artigo 108.c) do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978. Dispón dun prazo de 15 días hábiles para presentar alegacións ante a delegación provincial.
Este edicto produce os efectos de notificación previstos no artigo 59.4º da LRX-PAC do 26 de novembro de 1992.
Ourense, 31 de outubro de 2003.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO