Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.781

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 21 de novembro de 2003 pola que se convoca o réxime de concesión de axudas para a habilitación e mellora de infraestructuras nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2004 de acordo coas bases reguladoras establecidas no anexo IV da Orde do 11 de marzo de 2002, publicadas no Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo.

Os parques empresariais e as infraestructuras de solo empresarial creadas hai anos e cun alto nivel de ocupación de empresas, van tendo, como consecuencia do tempo transcorrido, determinadas carencias infraestructurais e novas necesidades en materia de comunicación, enerxéticas ou de adecuación ás esixencias de normas posteriores a súa creación e de servicios comúns de carácter xeral que lles permitan unha actualización permanente fronte ós seus competidores.

Coa finalidade de realiza-la renovación destas infraestructuras, para evita-la súa obsolescencia, ou de habilitar outras novas non previstas na súa orixe, e co obxecto de motiva-lo esforzo común de constante mellora competitiva de oferta de solo empresarial, como elemento dinamizador da economía e do emprego local, dentro das competencias en materia de fomento empresarial que lle son propias á Comunidade Autónoma, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio considera necesario establecer medidas de apoio á actividade económica a través de proxectos de investimento en materia de infraestructuras de instalacións e de servicios ás empresas.

O contido desta orde de axudas axústase ó establecido polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de abril de 2000, segundo o que, en tanto non recaia decisión da Comisión Europea de compatibilidade coa normativa comunitaria e non entre en vigor a nova disposición normativa, manterase a actividade de fomento autonómica axustándose ás directrices, tanto horizontais como sectoriais, dictadas pola Comisión Europea, así como, se é o caso, os límites de intensidade autorizados a Galicia no mapa Rexional de Axudas de España para o período 2000-2006.

O contido desta orde de axudas axústase así mesmo ó Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia e o establecido polo Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta convocatoria desenvolve o procedemento do anexo IV da Orde do 12 de marzo de 2002, no que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo.

Consecuentemente con todo o anterior e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é proceder á convocatoria de axudas e subvencións do programa de apoio á habilitación de servicios e mellora de infraestructuras en parques empresariais, e apoio á incorporación dos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas, recollido no anexo IV da Orde do 11 de marzo de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo.

Tal como se establece no artigo 3.2º da devandita orde, o obxecto, requisitos dos beneficiarios e criterios obxectivos de adxudicación, son os establecidos para cada programa de incentivos no anexo desta, estándose, no non previsto nela, ó que se establece nos seguintes artigos.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario e contía máxima da axuda.

As axudas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que se indican a continuación:

AplicaciónDenominaciónImporte en euros

Ano 2004Ano 2005

08.02.622-A 760.0Concellos: actuacións en materia de infraestructuras en polígonos industriais1.040.846250.000

08.02.622-A 780.0Asociacións e institucións sen ánimo de lucro: actuacións en materia de infraestructuras en polígonos industriais200.00030.000

O gasto que se proxecta tramitarase como expediente anticipado e está condicionado á existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos do exercicio para 2004, de acordo co disposto no artigo 3.3º in fine da Orde do 27 de novembro de 2000 pola que se modifica a Orde do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Esas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

Poderanse establece-los correspondentes compromisos plurianuais dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente.

A contía máxima da subvención neta equivalente nas aplicacións 08.02.622-A 760.0 Concellos e 08.02.622-A 780.0 Asociacións e institucións sen ánimo de lucro poderá alcanzar:

Ata o 100% do custo de elaboración dos estudios ou proxectos técnicos.

Ata o 40% do investimento subvencionable na execución de proxectos de mellora ou acondicionamento de servicios e infraestructuras en materia de comunicación, subministracións enerxéticas, iluminación, saneamento e edificios múltiples.

Ata o 25% do investimento subvencionable na execución de proxectos de mellora ou acondicionamento das infraestructuras, en materia de reparación e pavimentación de vías e movemento de terras.

Artigo 3º.-Actuacións subvencionables.

Serán subvencionables as actuacións seguintes:

A) A elaboración ou execución de estudios e proxectos de investimento para a incorporación de novos servicios e para a mellora das infraestructuras existentes en materia de comunicación, subministracións enerxéticas, iluminación, saneamento, reparación e pavimentación de vías, movemento de terras e edificios múltiples.

B) A realización de instalacións centralizadas de producción de calor ou electricidade, sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos no Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

C) A dotación de infraestructuras de servicios avanzados que poidan ser prestados con carácter horizontal e que supoñan unha mellora en materia de xestión, seguridade e formación.

Artigo 4º.-Solicitudes, prazo de presentación e documentación.

As solicitudes, xunto coa documentación, dirixiranse ó conselleiro de Innovación, Industria e Comercio e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, nas delegacións provinciais ou a través dalgunha das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito o convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicador do rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

As solicitudes cubertas segundo os modelos dos anexos A e B, e a seguinte documentación deberá presentarse por duplicado:

-Memoria técnica xustificativa da actuación que se vai desenvolver de conformidade con esta orde e prazo de execución, que levará como anexo unha relación das empresas situadas no parque empresarial.

-Orzamento detallado por capítulos e conceptos das actuacións.

-No caso de execución de obras, proxecto asinado por técnico competente e visado polo colexio oficial correspondente.

-Informe urbanístico emitido polo concello no que se indique que a actuación para a que se solicita subvención é conforme coa legalidade urbanística vixente no concello ou, se é o caso, que o investimento non precisa licencia municipal.

-Titularidade das infraestructuras do proxecto ou autorización expresa das actuacións no caso de que o solicitante non sexa o titular.

-Declaración doutras axudas solicitadas.

-Fotocopia cotexada do NIF/CIF do beneficiario.

-No caso de instalacións centralizadas de producción de calor ou electricidade achegarase convenio específico do titular das infraestructuras coas empresas implicadas na xeración de enerxía conforme o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro.

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase ó día seguinte da publicación desta orde no DOG e finalizará o día 30 de xaneiro de 2004.

Artigo 5º.-Emenda de defectos.

Conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, se a solicitude de subvención non reúne os requisitos esixidos nesta orde o interesado será requirido para que nun prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á recepción do devandito requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación que de non facelo, considerarase desistido na súa solicitude, logo de resolución que deberá ser dictada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Artigo 6º.-Valoración de proxectos.

Conforme o establecido no artigo 9 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma galega, a valoración das

sión constituída para o efecto, que estará presidida polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas ou a persoa na que delegue. Constituirana ademais o subdirector xeral de Administración Industrial, o xefe de servicio de Administración Industrial que actuará como secretario, e os delegados provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio ou as persoas nos que estes últimos deleguen.

Os expedientes completados e revisados remitiránselle á comisión de valoración para que proceda a propo-la aprobación ou denegación de axudas seguindo os criterios establecidos no anexo IV da Orde do 11 de marzo de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas e subvencións en materia de enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo.

A comisión proporá a contía das axudas correspondentes ós investimentos subvencionables ata esgota-lo crédito dispoñible, quedando en reserva o resto dos investimentos subvencionables, para que, se se producira algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, puideran ser atendidos co crédito que quedará libre.

Á vista do informe emitido pola comisión dictaranse as correspondentes resolucións de acordo co establecido no artigo 4 da Orde do 11 de marzo de 2002.

Nos supostos B e D das actuacións subvencionables sinaladas no artigo 4º desta orde, emitirase informe previo á resolución por parte do Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 7º.-Actuacións plurianuais.

No caso de actuacións plurianuais, que excedan o exercicio 2004, poderanse establece-los correspondentes compromisos da anualidade, dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, de conformidade co prazo de execución do investimento, estando ó disposto, no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

Os libramentos correspondentes a estas axudas faranse efectivos con cargo ós créditos consignados para cada exercicio orzamentario. Se a materialización e o pagamento dos investimentos se anticiparan ó calendario establecido na resolución de concesión e non fose posible o reaxuste das anualidades de subvención, o investimento ou pagamento adiantado poderá servir de xustificación para o libramento das anualidades posteriores sempre que se obtivera a conformidade do órgano competente para concesión da axuda.

Nos proxectos plurianuais, entenderase que os investimentos e pagamentos que se efectúen desde

a data límite de xustificación da anualidade correspondente ata fin de ano, corresponden á anualidade seguinte e polo tanto poderase presentar como xustificantes para o cobramento da devandita anualidade.

Artigo 8º.-Xustificación do investimento.

A data límite para executa-las actuacións que fosen obxecto de subvención e para xustifica-lo correspondente investimento e pagamento e o 15 de outubro do ano que corresponda, para cal o beneficiario deberá presentar na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ou nas delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, a seguinte documentación por duplicado:

-Memoria na que se detallen os investimentos e gastos realizados ou o estudio ou proxecto técnico elaborado, que deberá coincidir co aceptado na resolución de concesión da subvención.

-Certificacións por conceptos, e de fin de obra, visados polo correspondente colexio oficial e asinados polo técnico director, no caso de que o investimento subvencionable sexa a realización de obras ou de instalacións.

-Xustificante que acredite estar ó corrente das súas obrigas tributarias, da Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa administración pública da Comunidade Autónoma, excepto o caso de que estean exceptuadas por disposición legal.

-Xustificante das axudas obtidas ou declaración das solicitadas ou que prevé obter para o mesmo investimento en calquera outra administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais; indicando a súa contía.

-Certificación da conta bancaria, na que conste ordinal bancario, código de banco, código de sucursal e código de conta corrente, onde se debe realiza-lo abono, expedida pola propia entidade bancaria.

-O beneficiario de calquera subvención plurianual, que teña un importe que supere os 30.050,51 euros, deberá xuntar ademais do xustificante acreditativo da Caixa Xeral de Depósitos, do seguro de caución prestado pola entidade aseguradora do aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que garante o importe da anualidade do pagamento que se estea tramitando así como os correspondentes xuros, xuro legal do diñeiro indicado na Lei de orzamentos do Estado que estea vixente nese

momento, por un prazo que deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación da última das anualidades da subvención.

Os órganos competentes da Consellería de Innovación, Industria e Comercio poderán solicita-las aclaracións ou informes ou medios de xustificación a que se refire o artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que consideren convenientes. No caso de que non fosen remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se sinale, entenderase que renuncia á axuda.

Artigo 9º.-Pagamento da subvención.

Conforme o establecido nos artigos 15 e 16 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a percepción da axuda terá lugar despois de que os servicios técnicos da Consellería de Innovación, Industria e Comercio trala inspección realizada, se é o caso, certifiquen que se realizou o investimento que foi obxecto da subvención e o recollido na resolución de concesión. Ademais, o beneficiario deberá presenta-la documentación adicional que lle sexa requirida por estes servicios técnicos, co obxecto de determina-lo alcance do proxecto e as actuacións subvencionables.

No caso de que o investimento realizado tivese un custo inferior ó inicialmente previsto e sempre que a minoración do custo non supoña unha realización deficiente do proxecto, a axuda que se conceda verase minguada nunha porcentaxe proporcional.

Para as subvencións de capital superiores ós 6.101,21 euros destinadas a investimentos en actividades tanxibles, o órgano xestor correspondente emitirá informe de comprobación material do investimento. Excepcionalmente, esta comprobación material poderase substituír por unha xustificación documental, que constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada, tal e como se recolle no artigo 15.3º do Decreto 287/2000.

Artigo 10º.-Incompatibilidades.

A axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Industria, Enerxía e Minas para que dicte as disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innonvación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL