Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.781

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 13 de novembro de 2003 pola que se determina a perda da condición de membros do Consello Galego de Consumidores e Usuarios de varios dos seus vocais.

De acordo coa proposta efectuada polo presidente do Instituto Galego de Consumo, en virtude do establecido no artigo 7.1º d) en relación co artigo 5.2º do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la perda da condición de membros do Consello Galego de Consumidores e Usuarios dos tres vocais da Federación Galega de Consumidores e Amas de Fogar de Galicia-UNAE e do vocal da Unión de Consumidores de Galicia-UCE, xunto cos seus suplentes, ó deixar de concorrer neles os requisitos que determinaron a súa designación na Orde do 24 de outubro de 2002, pola que se nomean os membros do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, ó non acada-lo número de socios necesarios, no suposto da Unión de Consumidores de Galicia-UCE e o número de socios mínimo e a implantación territorial necesaria, no caso da Federación Galega de Consumidores e Amas de Fogar de Gali

cia-UNAE, tal e como se esixe no artigo 3.1º e 2º, respectivamente, do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio