Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.787

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 24 de novembro de 2003 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas destinadas ás agrupacións de productores agrarios recoñecidas en Galicia.

A orde da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural do 27 de marzo de 2003 (DOG nº 67, do 4 de abril), establece as bases reguladoras e se convocan as axudas para as agrupacións de productores agrarios recoñecidas en Galicia.

No artigo 11 desta orde detállanse as aplicacións orzamentarias e os importes económicos para financia-las devanditas axudas, dándose con posterioridade a circunstancia de que o número de solicitudes recibidas supera as estimacións inicialmente realizadas. En consecuencia, convén amplia-la dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder ampara-las solicitudes de axuda xa presentadas polas agrupacións de productores agrarios recoñecidas en Galicia, sempre que cumpran co establecido na citada Orde do 27 de marzo de 2003.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplíase a dotación orzamentaria que se contempla no artigo 11 da orde desta consellería do 27 de marzo de 2003, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para as agrupacións de productores agrarios recoñecidas en Galicia, coa dotación de cento cincuenta mil euros (150.000,00 euros) incluídos na aplicación orzamentaria 09.04.612-A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Tamén se poderán utilizar outros remanentes adicionais que puidesen existir na mesma aplicación. En todo caso, a concesión das axudas para as agrupacións de productores agrarios recoñecidas en Galicia estará condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria para dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO