Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.749

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (221/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, Secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 221/2003 seguidos por instancia de José Loureiro Bermúdez contra a empresa Alfredo Caridad Campelo, sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 12 de maio de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Alfredo Caridad Campelo a que readmita

inmediatamente a José Loureiro Bermúdez nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 3.068,36 euros.

A devandita opción deberase exercitar no prazo dos 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose a elección, condeno así mesmo a parte demandada a que lle satisfaga á demandante os salarios que non teña percibido desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración, para este efecto, o salario que se estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata esta data ascende á cantidade de 2.462,8 euros.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contado a partir da notificación deste sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que se pode substituír polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Alfredo Caridad Campelo que tivo o seu último enderezo coñecido en Urbanización Soto 10, 15006 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 4 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado