Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.749

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DE VIGO

EDICTO (41/2002).

No procedemento ordinario 41/2002 deste xulgado dictouse sentencia co encabezamento e a parte dispositiva que seguen:

«Sentencia. En Vigo o 17 de xaneiro de 2003. Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nueve de Vigo, estes autos de xuízo ordinario seguidos por instancia de Juan Carlos Lagos Silva, representado polo procurador José Marquina Vázquez, e asistido polo letrado Rafael Ceresuela Fernández, contra Mª de los Ángeles Mariño Suares, en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvo que, estimando integramente as pretensións da parte demandante, debo condenar e condeno a Mª de los Ángeles Mariño Suárez a lle pagar a Juan Carlos Lagos Silva a cantidade de 4.477,32 euros máis o xuro legal do diñeiro desde a data da presentación da demanda, sen especial pronunciamento en canto a custas. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco (5) días. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que lle sirva de notificación en forma á demandada rebelde, María de los Ángeles Mariño Suárez, da que se ignora o domicilio, expido este edicto que asino en Vigo o vinteoito de outubro de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado