Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.749

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (344/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, Secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 344/2003, seguidos por instancia de Carmen Freijomil Iglesias contra a empresa Estefanía López Vázquez, sobre reclamación de canti

dades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 24 de xullo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda presentada por María Carmen Freijomil Iglesias, debo declarar e declaro o dereito da actora a percibi-la cantidade de 2.815,73 euros en concepto de salarios y liquidación.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días, contado a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada e será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que se pode substituír polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros, na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Estefanía López Vázquez que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Areal 7, baixo, 15002 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 4 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado