Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.750

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (104/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe y testemuño en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 104/2003 por instancia de José Ángel Lamas Castro, Faustino Deibe Manzanares e Alberto Seoane García, contra a empresa CAF Informática, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña o 10 de setembro de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 104/2003, seguidos por instancia de José Ángel Lamas Castro, Faustino Deibe Manzanares e Alberto Seoane García, maiores de idade, asistidos pola letrada Ana Mª Gil Fernández, contra a empresa CAF Informática, S.L., que non compa

receu nos autos, sendo obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Ángel Lamas Castro, Faustino Deibe Manzanares e Alberto Seoane García, contra a empresa CAF Informática, S.L., condenando a demandada a lles aboar ós demandantes a cantidade de: a José Ángel Lamas Castro, 5.167,79 euros; a Faustino Deibe Manzanares, 9.319,64 euros; e a Alberto Seoane García, 7.357,57 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidad obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030 6349 0000 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 4 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado